Informe anual de Greenpeace sobre o estado do litoral.
.
Ao longo dos últimos meses producíronse numerosos debates sobre como frear a destrución do litoral. Neles puxéronse sobre a mesa iniciativas que mostran o que a sociedade pode achegar. Unha cousa é evidente: fan falta cambios. Cambios profundos. Os actuais mecanismos lexislativos fracasaron, xa que non foron capaces de evitar a construción ata case a mesma beira do mar. No litoral, o urbanismo ilegal é motivo de escándalo, pero o legal tamén é moi destrutivo. O diagnóstico xa foi realizado e sobre el hai un acordo bastante xeneral. Por iso o tempo do debate xa pasou: a urxencia da situación require solucións inmediatas. Non se pode seguir debatendo mentres os últimos espazos sen destruír cóbrense de cemento. Se non se fai así, moito nos tememos que as reformas chegarán cando xa sexa demasiado tarde...
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario