domingo, 20 de xaneiro de 2008

PRODUTIVIDADE FORESTAL E AGRICOLA

Galicia perderá un 22 por cento da súa rendabilidade forestal e agraria nun prazo de 30 anos
.
Galicia é coñecida, entre outras cousas, polos seus bosques e os seus campos. Con todo entre os anos 2011 e 2040 a comunidade galega reducirá nun 22% a súa produtividade forestal e agrícola segundo o informe do Observatorio da Sustentabilidade en España, un organismo independente de investigación científica. Os expertos do sinalan como principais causas da perda de rendabilidade da terra galega o descenso das precipitacións, o urbanismo e os incendios.
Que Galicia perda o seu "verde" débese a varios motivos. Javier Montalvo, profesor de Ecoloxía na Universidade de Vigo, que participou na elaboración do informe, explica que "co cambio climático descenderán as precipitacións e aumentará a temperatura, o que leva que haxa menos auga dispoñible" que poidan aproveitar os vexetais. Doutra banda están as "condicións" provocadas polo home coas urbanizacións e os incendios...
.

Ningún comentario: