mércores, 30 de xaneiro de 2008

MEDIO AMBIENTE

12 medidas para unha política sostible
.
1 Reducir as emisións de CO2 cumprindo os compromisos acordados pola Unión Europea para 2020 e 2050, impulsando unha Lei contra o Cambio Climático.
2 Reducir de forma masiva o consumo enerxético, entre outras medidas, impulsando unha Lei de Aforro e Eficiencia Enerxética.
3 Apoiar e apostar por un crecemento rápido da enerxía limpa, en particular, promovendo unha Lei de Enerxías Renovables.
4 Restrinxir o uso do automóbil, fomentar o transporte público e obrigar a desenvolver Plans de Mobilidade Sostible, entre outras medidas, cunha Lei de Mobilidade Sostible.
5 Establecer medidas efectivas para reducir a xeración de residuos.
6 Educar aos nenos e mozos nos colexios sobre os efectos do consumismo para o contorno e a sociedade, así como fomentar unha educación cara á austeridade.
7 Garantir que as compras de todo tipo de bens que se realicen con diñeiro público respondan a estritos criterios ecolóxicos e sociais, eliminando totalmente a madeira procedente da tala ilegal.
8 Reducir drasticamente o uso dos produtos químicos na agricultura.
9 Incentivar o aluguer e a rehabilitación de vivendas fronte á compra e a nova construción.
10 Recuperar todos os acuíferos sobreexplotados do país, pechando todas as extraccións ilegais e asegurar caudais ecolóxicos para todos os ríos.
11 Dar un impulso real á rede Natura 2000, aprobando a composición definitiva, tanto terrestre como mariña, e garantir o seu adecuado financiamento e xestión.
12 Defender o mar creando unha rede de espazos protexidos coherente, integrada e ben xestionada, que inclúa áreas tanto litorais como oceánicas.
.

Ningún comentario: