Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
Capítulo II
Avaliación ambiental estratéxica de instrumentos de ordenación do territorio e de planeamento urbanístico.
Artigo 5.-Instrumentos de ordenación do territorio e de planeamento urbanístico obxecto de avaliación ambiental estratéxica.
De conformidade co disposto nos artigos 3 e 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas do medio ambiente, serán obxecto de avaliación ambiental estratéxica os seguintes instrumentos de ordenación do territorio e de planeamento urbanístico:
b) Os plans xerais de ordenación municipal.
A lei 6/2007, de 11 de mayo, é posterior a orde da CPTOPT de 19 de xaneiro de 2007 e tamén e posterior a primeira resolución inédita da Consellería de Medio Ambiente de 21 de marzo de 2007.
Si todavía hay dubidas, releamos o capítulo preliminar.
Capítulo preliminar-Obxecto da lei
Artigo 1.- Obxecto. É obxecto desta lei a adopción de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, coa finalidade de:
a) Garantir a preservación do litoral en tanto non sexa aprobado o Plan de ordenación do litoral ou o planeamento urbanístico adaptado á lexislación vixente e aos criterios de sostibilidade económica, social e ambiental.
b) Integrar os procedementos de aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio e do planeamento urbanístico co proceso de avaliación ambiental estratéxica.
É URXENTE TOMAR MEDIDAS PARA GARANTIR E INTEGRAR.. ¿A DEPURADORA DE CORUXO E A CANTIDADE DE EDIFICIOS ILEGAIS NON SON SUFICIENTES MOTIVOS PARA ACTUAR CON SENSATEZ? ¿FAI FALTA CAERSE DO CABALO PARA COMPRENDELO?. O PLAN XERAL DE VIGO DEBE SOMETERSE A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA; É MÁIS, LOGO DE SETE ANOS, ESTANDO CLARO O FRACASO DE GOBERNOS E CORPORACIÓNS EN VIGO PARA ELABORAR UN PXOM, A DECISIÓN MAIS XUSTA É OBRIGAR AO CONCELLO DE VIGO A ELABORAR UN NOVO..
Ningún comentario:
Publicar un comentario