martes, 26 de febreiro de 2008

PORTO DO MOLLE-NIGRÁN

O BENEFACTOR DA CIDADE DE VIGO, NON CUMPRE A LEI
.
Iniciativa: PARQUE EMPRESARIAL
.
Sectores: TERCIARIO E INDUSTRIAL
-
m2 xestionados: 1.000.0000
-
Promotor: ZONA FRANCA DE VIGO
.
Proxecto: OBRAS DE EXPLANACIÓN DE VIARIOS E PARCELAS E CANALIZACIÓN DO RÍO.
.
PARQUE EMPRESARIAL TERCIARIO DE PORTO DO MOLLE-NIGRAN.
.
Expediente OBR/06/0014
.
Proxecto de Explanación autorizado por decreto do Concello de Nigrán en xuño de 2006 (alcalde e concelleiro de medio ambiente do Partido Popular)
.
Proxecto de Urbanización aprobado por decreto do Concello de Nigrán en novembro de 2007 (alcalde e concelleiro de medio ambiente do PSOE)
.

Proxecto de Explanación anulado por sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo
.
Motivos: INCUMPRIR A NORMATIVA AMBIENTAL E CARECER DE DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL.
.
.
"O dano xa está feito", recoñeceu Efrén Juanes, que anunciou que o concello recorrerá a sentenza apoiándose nas solucións adoptadas nos últimos meses para reducir o impacto do polígono sobre o medioambiente.
De ser rexeitado o recurso do concello, o desenvolvemento do polígono podería verse seriamente afectado, xa que "debería redactarse un novo proxecto de explanación coa súa correspondente declaración de impacto", apuntou o alcalde.
.
Este é un exemplo de como as administracións públicas incumpren a lei e destrúen o territorio. Os cidadáns téñense que defender dos seus gobernantes que toman decisións causando un dano irreversible ás persoas e os lugares nos que viven desde sempre. Os prexuízos aparecen logo, desligados das decisións dos despachos dos directivos e as salas de reunións dos consellos de administración, e as xuntas de goberno e as corporacións municipais. Son actos violentos dos que non hai estatísticas nin imaxes diarias nos medios de comunicación. Só cando o pobo actúa en defensa propia, o mesmo poder impídelle o exercicio dos seus dereitos, envíalles a policía ou directamente denúncialles - nun acto de proxección- de actos violentos e antidemocráticos.
O PXOM de Vigo debe ser sometido a Avaliación Ambiental Estratéxica, por lei, por dereito e por un elemental principio de precaución. Neste caso o dano aínda non está feito, pero o PSOE e o BNG que gobernan en Vigo e en Galicia parecen estar pensando que non se pode gobernar respectando a lei, e o pobo de Vigo e de Galicia é inmaturo por non comprendelo. Os seus propios actos lévanlle ao absurdo de tomar as mesmas decisións que o PP para que non goberne o PP. Non hai máis pobo nin país que o que lles faga alcanzar ou manterse no poder. E eles deciden por nós e o noso ben.

mais información, picar aquí... ... outra información, picar aquí...

outra información, picar aquí...

Ningún comentario: