xoves, 14 de febreiro de 2008

SOMOS SOCIALISTAS

"ESTAMOS LEXITIMADOS PARA COMETER ILEGALIDADES PORQUE SOMOS SOCIALISTAS"
.
A consellería de Medio Ambiente pode adoptar, en teoría, unha decisión legal ou ilegal respecto da viabilidade de someter o PXOM de Vigo a Avaliación Ambiental Estratéxica.
Se a decisión é ilegal, non pode ser política, porque, se o fose, querería dicir que a práctica política faise á marxe da Constitución e da Lei. E que un goberno ou consellería (socialista) estaría por encima das súas obrigacións e dos dereitos dos cidadáns, e podría utilizar as prerrogativas do poder para atender a calquera interese que no fose o interese xeral. Particularmente, o seu.

Ningún comentario: