luns, 31 de marzo de 2008

NOTA DE PRENSA BOUZAS-MÓVETE

NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO BOUZAS-MÓVETE

.Unha vez mais se demostra que a cobiza do Porto non ten límite, agora dinque precisan 230.000 m2 mais de recheo para ser competitivos até o ano 2015, e despois que? seguiran recheando a Ría até convertila nun canal portuario?
Desde o Colectivo Bouzas-Móvete levamos un par de anos dicindo que se queren gañar espazo deverian retirar as naves e industrias que non estan relacionadas coa actividade portuaria, cousa da que se empeza a falar agora, aunque con condicionantes, de se aparece terreo perto, de se esperan a que caduquen as concesións... Mais estas concesións foron feitas de xeito ilegal, incumplindo sistematicamente o artículo 32.1 da Lei de Costas, por unha directiva do Porto que xa falaba de falta de espazo e da necesidade de recheos, en aquel momento. Do que non se fala, é do traslado das enormes naves de Zona Franca que tampouco deberian estar ubicadas no porto, e que si liberarian muito espazo. Tampouco falan, por suposto, de armacenar os veiculos da Citroën en outro lugar. Que sentido ten formigonar a Ría para fazer un armazén de veiculos? Os veiculos de Citroën e de outras marcas so deberian estar no Porto no momento de embarcar e non estar armazenados alí.
No Porto de Vigo hai espazo de abondo, ao longo dos dez Km. de instalacións poartuarias que teñen desde Bouzas a Rande, o que pasa que está moi mal xestionado. Como se explica que portos como o de Leixões en Portugal, coa mitade de superficie mova o doble de contentores que o de Vigo?, e que peiraos como o de Saint Nazare en Franza adicados a o tráfico de veiculos non teña superficie de armazén de veiculos e funcione perfectamente?
O Porto debe ser un lugar de paso de mercadorias non un armacén.
Tamén se fala neste proxecto de liberar zonas portuarias para a cidade. Nos pensamos que a Autoridade Portuária debería utilizar os metros cadrados de que dispón actualmente, reordenar realmente o porto de Vigo, aproveitar adequadamente os seus recursos e non estragar a nosa fonte de riqueza mais importante que é a Ría.
Ademais o trafego portuario deberia repartirse entre os demais portos galegos como o de Marín ou Vilagarcia e non estar a competir con eles.
A Autoridade Portuaria confunde os intereses das Multinacionais cos intereses da cidade, e nunca lles vai chegar o espazo que teñen, nin no Porto nen fora do porto, como a desfeita que fixeron en Salvaterra, co nome de Porto seco, e que agora se dan de conta que esta demasiado lonxe.
Estam estragando a diversidade de usos da Ría, como a pesca, o marisqueo, a hostelaria ou o lecer en beneficio exclusivo da actividade portuaria.
Esta Ría constitue un dos ecosistemas con mais producción biolóxica do mundo, e en vez de aproveitar esta condición, que si proporciona postos detraballo e riqueza, se adican a formigonala. Lembremos que no lugar onde hoxe está o macro-recheo de Bouzas, atopábase o banco de ameixa mais productivo de toda a Ría, pasando de producir 940 toneladas no 1967 a tan só unha no 1986, devido aos aterramentos.
A Autoridade Portuaria é un Cancro para a Ría e para todos os municipios da comarca, cancro que se irá estendendo, se non se lle pon límite, até acabar definitivamente coa Ría.
.
O MAR É VIDA OS RECHEOS SON MORTE, NON AOS RECHEOS NA RIA

Ningún comentario: