Poñamos por caso un servizo de saúde ao que Ud. acode en busca de atención. Resulta que lle queren aplicar un tratamento inadecuado baseado nun diagnostico erróneo. Ud. pide unha segunda opinión a varios médicos privados que lle diagnostican de xeito distinto e difiren do primeiro tratamento. Con isto e a súa propia percepción, solicita de novo ao servizo de saúde que rectifique e déanlle o tratamento adecuado ao cal por lei ten dereito. Resultando que os intereses dos membros do servizo de saúde e a burocracia do sistema provocan que pasen 7 anos. Ao final dese tempo pide que interveña a Inspección para que se AVALÍE correctamente o seu estado de saúde e que se cumpra a lei, e o seu responsable dille que os tratamentos que lle prescribiron fai sete anos no servizo de saúde "xa non poden agardar máis tempo para ser executados" por" resultar imperioso e ser "imprescindibles e urxentes para solucionar graves problemas" de saúde so pena de "riscos" de deterioración e perda dalgún membro, ou que, ademais, "xera graves problemas de inseguridade" e atraso dá execución de proxectos estratéxicos para ou propio servizo de saúde.
PODEMOS PERDER 7 ANOS PARA INCUMPRIR A LEI, PERO NON PODEMOS EMPREGAR UN SEGUNDO EN CUMPRILA. DIN OS DOUTORES MANUEL VÁZQUEZ (Conselleiro de Medio Ambiente) E EMILIO FERNÁNDEZ (Director Xeral de Desenvolvemento Sostible) NO SEU INFORME AMBIENTAL SOBRE O PXOM DE VIGO DO 28 DE MARZO DE 2008.
Ningún comentario:
Publicar un comentario