sábado, 26 de abril de 2008

O PXOM AO TRASTE POLA DEPURADORA

Unha ameaza ao Plan Xeral e ao perdón de Bruxelas
.
Os reparos técnicos á superficie reservada polo Concello de Vigo para a nova depuradora han xerado inquietude pola posible demora na posta en funcionamento da planta e polas implicacións que dito escollo podería carrexar ao Plan Xeral. O PP, que iniciou xa unha análise sobre o novo conflito no que se podería ver envolta a depuradora, estima que se esta non se pode facer onde marca o Plan, ou a zona necesita dun novo desenvolvemento urbanístico, todo o PXOM podería irse ao traste. No recente visto e prace da Consellería de Medio Ambiente ao Plan Xeral non se fixo obxección algunha á reserva de terreo da depuradora, que o departamento autonómico pagará xunto ao Ministerio da mesma área, o Concello e a Unión Europea.
A data do 2011, comprometida pola Xunta para a posta en funcionamento da depuradora e aceptada polos comisarios europeos como condición para retirar a multa de máis de 20 millóns de euros que pendía sobre España pola contaminación da ría, podería verse atrasada tamén mentres se buscan solucións para tratar de encaixar a planta na parcela reservada.
.
Unha historia iniciada no 1988
.
Fai vinte anos o Concello de Vigo iniciou os trámites de expropiación dos terreos onde sitúase a actual depuradora e asentarase a nova. Dos 168.283 euros nos que se taxou a compra dos terreos, pasouse a gastar ao final 4,5 millóns de euros, que agora se consideran xustificados polos técnicos municipais. Pero o que si é certo é que dos 132.736 metros cadrados asumidos para o complexo, 61.440 son de dominio público marítimo-terrestre e xa que logo intocables. Só dous dos 59 vendedores de parcelas acreditaron as escrituras de pertenza dos predios, e por último, a concesionaria do servizo do auga cobra aos vigueses todos os meses desde o ano 2000 ata o 2016 unha cota para ingresar un 11% de beneficio industrial polas operacións realizadas en torno ás adquisición dos terreos.
.
É a demostración das numerosas chapuzas e enganos que se fai a esta cidade, o PXOM de Vigo é unha autentica ilegalidade, consentida polas administracións tanto municipal como autónomica, o presidente da Xunta de Galicia, non se entera ou non quere enterarse de nada, so lle preocupa a chapuza da Cidade da Cultura, a ruina do pobo galego no seu investimento.
Non temos máis que ver o que lle pasou o PXOM de Ourense, o mismo camiño leva o plan xeral de Vigo, ollo a xustiza.

Ningún comentario: