mércores, 23 de xullo de 2008

CONTAMINACIÓN

O primeiro mapa acústico submarino revela que Vigo soporta a maior contaminación do norte de España
.
Embarcacións de recreo, pesqueiros e mercantes, principais causantes do ruído submarino en Galicia, segundo un estudo
.
As zonas de máis contaminación nas Rías Altas son A Coruña e Malpica e nas Rías Baixas, Vigo, Vilagarcía e Illa de Arousa
.
A intensidade máis alta de ruído submarino nas costas galegas prodúcese por embarcacións de recreo, pesqueiros e mercantes, segundo reflexa o primeiro mapa acústico do noroeste de España realizado pola Caixa.
Na zona das Rías Altas, destaca a área da Coruña cuxo nivel de contaminación acústica considérase medio-baixo (inferior a 130 decibel), así como a de Malpica pola presenza continuada de actividades pesqueiras. O mapa ademais reflicte que estes valores aumentan no verán polas embarcacións de recreo en particular na área de Sada, unha contaminación acústica que coincide coa presenza de cetáceos, aínda que só o golfiño mular presenta poboacións importantes onde os niveis acústicos son os máis elevados.
Na zona das Rías Baixas destaca a área de Vigo cuxo nivel de contaminación acústica presenta os niveis de ruído submarino máis elevados de toda a zona de estudo (inferior a 150 decibel), así como as de Vilagarcía e Illa de Arousa pola presenza continuada de actividades pesqueiras.
Estes valores aumentan no verán coas de recreo en particular nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Esta contaminación acústica coincide coa presenza de cetáceos na entrada e saída das Rías, tales como os golfiños mulares ou as marsopas comúns.
O director de Área de Negocio da Caixa na Coruña, José Carlos Cobas; Miquel Vilagut, do departamento de Medio Ambiente da Obra Social A Caixa; e Josep Alonso, coordinador da campaña científica, presentaron hoxe na Coruña os resultados do proxecto de investigación realizado en augas das Cornixa Cantábrica e Atlántica durante a primavera de 2008 no marco do programa 'A Caixa a favor do mar'.
.

Ningún comentario: