venres, 25 de xullo de 2008

ILEGALIDADES

Esta cidade é moi curiosa porque ninguén pide responsabilidades. Aquí dá igual que os xuíces ditaminen a ilegalidade do Outeiro de Castrelos, dos chalés de Canido, da prolongación da rúa de Rosalía de Castro, dos apartoteles de Samil, das torres Ífer ou dos centros comerciais de Jacinto Benavente e Gran Vía. Aquí o importante é legalizar as cafradas para non prexudicar aos afectados (de suposta boa fe). E para iso parece estar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Sen que ninguén renda contas. Non soa isto a inmunidade para a clase política e os técnicos municipais do Concello de Vigo?

O Partido Socialista nas denuncias presentadas contra o Centro Comercial Gran Via, asinadas por Mauricio Ruíz, Xulio Calviño e outros, non teñen nada que dicir? para que fixeron as denuncias se agora o PSOE vai legaliza-lo co PXOM.Todas aquelas críticas ao Partido Popular e concretamente contra a Señora Porro, en que quedou? os políticos son todos iguais?

Ningún comentario: