luns, 16 de marzo de 2009

AVECÍÑASE A CORRUPCIÓN URBANÍSTICA CO PP

Os promotores piden que Feijóo deixe construír de novo na costa.
,
Aproin cre que a norma que veta edificar a 500 metros do litoral afunde moitos municipios.
.
A moratoria provisional imposta polo Goberno galego, agora en funcións, á construción a menos de 500 metros da costa (lei de medidas urxentes de protección do litoral) debería ter os seus días contados, xa que finaliza a súa aplicación o próximo 17 de maio e o novo Executivo autonómico non prevé a súa renovación. Os promotores están de acordo.
O PP prevé unha nova ordenación e a aplicación mentres tanto da Lei de Costas, que veta a edificación a menos de 100 metros do mar. Isto non quere dicir que se vaia a permitir construír en todo o litoral, senón que haberá unha ordenación precisa de zonas protexidas, pero non todas.
O presidente de Aproin e da patronal galega dos promotores trasladará ao próximo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a opinión do sector de que se protexan as zonas que o necesiten, con regras claras e precisas, pero que non se castigue a toda Galicia, iso non ten ningún sentido e resulta totalmente absurdo. Nós vemos un cambio de orientación en sentido positivo, animando a construción en franxas turísticas pero aceptando que debe haber protección nas zonas que a Xunta considere, aclarou o presidente dos promotores. Sobre este aspecto, Feijóo xa advertiu de que antes de finalice o ano teremos unha costa ordenada e con principios e un urbanismo transparente.
Fai falta un acordo co Concello para desenvolver o PXOM, di Garrido
Javier Garrido tamén considera fundamental buscar un compromiso para desenvolver o Plan de Urbanismo logo de constatarse o seu fracaso nos seis primeiros meses desde que entrou en vigor. Desde finais de agosto, o PXOM apenas puido tramitar unha ducia de novas licenzas, mentres que no mesmo período acumuláronse máis de medio centenar de recursos ante os tribunais contra a totalidade do documento ou algunha das súas propostas, o que supón unha ameaza latente. Segundo Garrido, a solución debería pasar por un acordo que permita ampliar as posibilidades do Plan a través dunha mesa de traballo.
En paralelo, considera que o novo Goberno galego ten amplas competencias para realizar un esforzo en Vigo e ata intervir directamente. A Consellería de Vivenda presentara un plan sectorial que contemplaba actuacións puntuais en doce zonas da cidade, o que esixía á súa vez modificacións puntuais do planeamento. Segundo Garrido, a nova Xunta debería continuar adiante con esta iniciativa para garantir o desenvolvemento do Plan. Claro que o alcalde Abel Caballero non está de acordo e mantén que o PXOM basta.

1 comentario:

Anónimo dixo...

No hay peor ciego que el que no quiere ver.

El mundo de la política actual, sin excepción, está absolutamente corrompido. No hay quien se salve.
En manos de los ciudadanos ( ahora simples números o consumidores ) está el decidir si se les da o no a estas " personalidades " el voto REAL de castigo: VOTO EN BLANCO.

Todos estamos cansados de tanta pillería por lo que es hora de dejar de quejarse y comenzar a actuar. En nuestras manos está dar a entender a la clase política que ya no estamos de acuerdo con ellos. Así que de nosotros y nuestra acción en las urnas depende.