luns, 16 de marzo de 2009

CACHARRO PARDO PÁSASE Á ENERXÍA

Da Deputación de Lugo salta ao negocio fotovoltaico.
..
Se algún militante do PP parece ter claro que o novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non contará con el, ese é Francisco Cacharro Pardo. Polo menos, se se teñen en conta todos os negocios que emprendeu. O que fose durante 24 anos presidente da Deputación de Lugo descubriu que hai vida máis aló do Partido Popular. E fíxoo grazas ás empresas enerxéticas, onde tivo durante 2008 unha presenza activa como investidor, que multiplicou nos últimos meses a través de varias sociedades.
Cacharro comezou a preparar a súa saída do organismo provincial coa constitución dunha sociedade familiar denominada Xorima Patrimonio, da que é accionista xunto á súa muller, María del Carmen Gosende. Fíxoo en decembro de 2006, meses antes de anunciar a súa marcha, no verán de 2007. Desde entón, sen facer demasiado ruído, a sociedade familiar viu como o seu capital ampliábase a través de dúas operacións, pasando dos exiguos 3.100 euros con que foi constituída aos 173.600 euros actuais, segundo figura no Rexistro Mercantil de Lugo.
Pero cando realmente se puxo de longo Xorima Patrimonio, unha sociedade limitada dedicada inicialmente aos servizos de consultoría técnica e urbanismo, foi en setembro do ano pasado. Fíxoo ao ampliar o seu obxecto social e pór sobre o tapete as súas novas actividades: a produción e transformación de enerxía eléctrica procedente de fontes renovables, tales como a fotovoltaica, hidráulica, eólica ou biomasa, segundo consta no Rexistro Mercantil, así como a produción e distribución de vapor e auga quente.
O sector enerxético non colle de novas a Cacharro, O ex presidente da Deputación de Lugo tamén ten agora outros intereses. É administrador desde o ano pasado de Instalacións do Eo, unha firma que comparte cun dos seus socios, Gonzalo Méndez, que rexenta unha franquía de climatizacións en Lugo. A través desta sociedade, o grupo chegou a contar con varias empresas adicadas á enerxía fotovoltaica, unhas participadas directamente, como é o caso de Espartalillo Uno Solar, e outra, Fotovoltaica Sierra Dos, administrada polo seu socio. As tres firmas teñen a súa sede no mesmo número da lucense rúa Montevideo.
Segundo consta no Rexistro Mercantil, Instalacións do Eo realizou varias ampliacións de capital.
El Pais

1 comentario:

Anónimo dixo...

En este país sólo se detienen a alcalduchos-albañiles para dar "ejemplo". La televisión es un circo y los verdaderos corruptos siguen ahí, dándonos charlas de moral y talante.

¡¡CACHARRO PARDO, JOOOOOOO!!