venres, 17 de abril de 2009

A ORDENACIÓN DO LITORAL

Promotores aplauden que Nuñez Feijoo vaia priorizar a ordenación do litoral e critican a "paralización" do bipartito.
O presidente da Federación de Promotores de Edificación e Solo de Galicia (Feproga) e a Asociación de Promotores Inmobiliarios (Aproin), Javier Garrido, aplaudiu que o futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, vaia priorizar" a ordenación territorial, á que aludiu na primeira xornada da sesión de investidura como titular do Goberno galego, onde recordou o seu compromiso de aprobar en seis meses as directrices e antes de que finalice o ano dun plan específico.
En declaracións a Europa Press, Garrido Valenzuela asegurou que os promotores inmobiliarios senten "satisfeitos" cos obxectivos de Núñez Feijoo, ao considerar "urxente" a "ordenación" do solo, en función de criterios de "sustentabilidade e legalidade" para, así partir dun "desenvolvemento ordenado do litoral".
"O que había que facer era ordenar o litoral e non paralizar as licenzas", aseverou en referencia ao Goberno bipartito da Xunta, a quen reprochou que non considere "prioritaria" esta cuestión nos últimos anos.
Así, Garrido Valenzuela cualificou de "paradoxal" a proposta formulada pola titular da Consellería de Política Territorial en funcións, María José Caride, cuxo departamento avogou por manter a protección sobre o 80 por cento do solo urbanizable e urbano non consolidado do litoral galego no que hoxe non se permite edificar ou construír na franxa dos 500 metros desde a ribeira do mar.
"É paradoxal que alguén para o que non foi prioritaria a ordenación do litoral deixe consellos ao que vén despois", manifestou a Europa Press, logo de indicar que o problema da Administración aínda en funcións orixinouse coa propia nomenclatura das súas medidas.
"Chamábana Lei de Ordenación do Litoral cando era de paralización de licenzas, en lugar de apostar por ordenar e legalizar o solo", afirmou. "Agora si se terá en conta", reiterou con ton de alivio ao soster que Núñez Feijoo "ten un mellor criterio, prioridade por ordenalo e as ideas claras".
APROVEITAR AS OPORTUNIDADES: O responsable dos promotores inmobiliarios galegos recordou que o litoral galego supera os 1.000 quilómetros de costa polo que considerou que "para calquera a súa ordenación debería ser unha prioridade". Garrido Valenzuela apuntou ao seu potencial como "foco de atractivo turístico", creación de "riqueza e emprego".
Neste sentido sinalou que esa foi a aposta doutras rexións cunhas características similares ás galegas "e que pon sempre como exemplo os ecoloxistas", a Bretaña francesa.
"Teñen 70.000 prazas de atraque nos seus pantaláns, mentres que en Galicia só hai 8.000", afirmou en alusión a que as "restricións na concesión de licenzas" restará "competitividade" ao turismo da comunidade e suporá a perda de potenciais postos de traballo.
CONSTRUCIÓN, MOTOR ECONÓMICO GALEGO: Así, Garrido Valenzuela defendeu que a construción de vivenda residencial e turística "poden converterse nun motor de crecemento económico en Galicia", logo de recordar a evolución diferenciada do sector inmobiliario na comunidade galega fronte a outras zonas do Estado.
"Aquí non hai problemas de stock de vivendas ou de grandes obras con miles de vivendas paralizadas", indicou en alusión a unha realidade común noutras comunidades españolas. "Temos unha capacidade de recuperación máis inmediata, sobre todo se imos da man das dúas caixas", considerou.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

En la gran mayoría de los municipios populares acusados de corrupción urbanística aguantan los candidatos de este partido, con casos tan sorprendentes como el de Carlos Fabra, que, lejos de verse afectado por sus problemas con la justicia, resiste en Castellón. El presidente de la Diputación castellonense ha llegado a declarar tras conocer los resultados que éstos son "el verdadero juicio popular, que me absuelve de todos los cargos con 'Cum Laude'". Además en otros municipios como Andratx, Alhaurín el Grande, Las Navas del Marqués o Mogán, el partido comandado por Mariano Rajoy ha sido el más votado.
cuidado en galicia, ¡¡¡VIENE FEIJOO Y LOS CARCAMALES¡¡¡