xoves, 16 de abril de 2009

AGUSTÍN HERNÁNDEZ E AS INCOMPATIBILIDADES

O deputado do PP traballou desde outra empresa en obras adxudicadas pola súa consellería.
.
Anúnciao a propia empresa, Prethor SL, na súa páxina web. O currículo da firma "especializada en prefabricados para obra civil e edificación" -na que Agustín Hernández foi conselleiro ata marzo de 2008- cita as vigas que construíu para dúas autovías, Santiago-Brión e o desdobramento da vía do Salnés, adxudicadas pola Consellería de Política Territorial cando Hernández era director xeral de Obras Públicas. Segundo consta no Rexistro Mercantil, Hernández entrou como conselleiro en Prethor, a filial de Pontes e Calzadas, o mesmo día en que se creou, o 12 de setembro de 2006. Desempeñou o cargo ata o 28 de marzo de 2008, data en que se incorporou como alto cargo á Deputación de Pontevedra, da man do seu presidente, Rafael Louzán.
Durante a estancia de Hernández en Prethor SL, a firma forneceu os prefabricados ás concesionarias da vía do Salnés e da autovía Santiago-Brión, dúas adxudicacións que o Goberno de Fraga deixou pechadas antes de perder o poder, cando Hernández presidía a Dirección Xeral de Obras Públicas na Consellería de Política Territorial de Alberto Núñez Feijóo. Segundo comprobou, nas obras de desdobramento da vía do Salnés -acometidas por unha UTE (unión temporal de empresas) integrada por Copasa, Pontes e Calzadas e Caixanova- Prethor vendeu as vigas para as pontes en enlaces da vía coas localidades de Mosteiro, Meis, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo e tamén coa AP-9.
Prohibición de dous anos: Desde que a Consellería de Presidencia decidiu abrir un expediente a Hernández a pasada semana por considerar que a súa actividade privada vulnerou a lei de incompatibilidades para os altos cargos da Xunta, Hernández sempre negou que tivese algunha relación desde as empresas cos expedientes que tramitara no Goberno. Esa era precisamente a limitación que a lei de 1996 establecía para os representantes do Executivo e que rexía ata que en 2008, o bipartito aprobou un decreto máis restritivo. A norma vixente no caso de Hernández non impedía a súa marcha desde a Administración a sociedades con intereses no mesmo sector. O texto legal si prohibe a conselleiros e directores xerais, entre outros altos cargos da Administración autonómica, "realizar actividades privadas relacionadas con expedientes sobre os que ditasen resolución no exercicio do cargo durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento".
El Pais

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

El boom inmobiliario que se ha generado en nuestro país en las dos últimas décadas ha desbordado todas las expectativas, haciendo ineficaces, en muchos casos, los controles legales en la materia. En este sentido, de poco ha servido hasta ahora la introducción en el Código Penal de 1995, del delito específico sobre la ordenación del territorio que penaliza con cárcel e inhabilitación la conducta de promotores, constructores y técnicos que lleven a cabo una construcción no autorizada en suelos destinados a viales, zonas verdes, bienes de dominio público o lugares que tengan legal o administrativamente reconocido su valor paisajístico, ecológico, artístico, histórico o cultural, o por los mismos motivos hayan sido considerados de especial protección; y la actividad de autoridades y funcionarios públicos que, a sabiendas de su injusticia, hayan informado favorablemente proyectos de edificación o la concesión de licencias contrarias a las normas urbanísticas vigentes.
Los Ayuntamientos han descubierto en la gestión urbanística una gran fuente de ingresos y la quieren rentabilizar al máximo, sin importarles demasiado que sea racional o equilibrada, haciendo caso omiso, en muchos casos, a la legislación urbanística. Olvidan los responsables municipales que están construyendo la ciudad en la que viven y vivirán sus descendientes.