mércores, 15 de abril de 2009

A PROMOTORA DA PRAZA DE ESPAÑA NO MEDIO DUN ESCÁNDALO EN IBIZA


A empresa Bruesa, promotora de Praza España, a actuación estrela en Vigo do goberno de Abel Caballero, atópase metida no medio dun escándalo urbanístico en Ibiza que salpica directamente ao PSOE. Non é a primeira vez que ocorre con Bruesa, que nos noventa estivo involucrada no caso Roldán.
Nesta ocasión, trátase dun asunto que se está vendo estes días nos xulgados de Ibiza e que nace polo suposto pago de 1,5 millóns de euros por parte de Bruesa ao ex secretario local do PSOE, Roque López, pola adxudicación da reforma do Eivissa Centre, un proxecto de rehabilitación integral que alcanza os 120 millóns de euros, a unha empresa mixta integrada pola propia Bruesa e o concello local. No asunto están imputados o secretario xeral do PSOE de Ibiza, Xico Tarrés, e o ex conselleiro socialista de Vivenda José Antonio Maturana. Os cargos son prevaricación, suborno, falsidade documental e tráfico de influencias por corrupción urbanística. Tarrés era o alcalde de Ibiza cando se adxudicou o proxecto de remodelación. Con todo, nas súas declaracións ante os xuíces manteñen a súa inocencia, aínda que o asunto, que acapara páxinas nos diarios locais, aínda non foi resolto nun ou outro sentido (xuízo oral ou arquivo).
Bruesa en Vigo: O curioso é que a empresa Bruesa, a que aparece no centro de toda a polémica, é a mesma que está a piques de iniciar en Vigo a maior operación urbanística do centro da cidade. Un plan para modificar por completo a praza de España coa construción de catro torres de ata 20 plantas que conta co apoio absoluto do alcalde Abel Caballero, que considera prioritario iniciar esta actuación, que no pasado era rexeitada de plano polos portavoces municipais e alcaldes socialistas, que desde Carlos Príncipe ata Ventura Pérez Mariño mantiveron a mesma opinión contraria ao considerar que as condicións resultaban vantaxosas en exceso para a promotora. O deseño de Praza de España, segundo o convenio asinado co Concello, prevé reservar o 21% do solo para vivenda protexida (a metade que a media do resto, aínda que ata a modificación de Caballero tiña 0%). Ademais, contempla un ámbito de 60.000 metros cadrados (o anterior proxecto era de 54.000 metros construídos) e a modificación radical da contorna con varios túneles para a entrada e saída pola avenida de Madrid, deixando a superficie peonil.
Atlántico
..
..

2 comentarios:

Voltaire-Vigo dixo...

Con todo el cariño para ANTONIO FERNÁNDEZ, VIEJO CON ISPIRITU JOVEN, LUCHADOR INCANSABLE, AL FRETE DE LA OPOSICIÓN DE LA "MACRO"

¡¡MACRO NON!!


PARA VIGOBLOG Y FERNANDO FRANCO


Pues en hora buena a VIGOBLOG, hoy 14 de Abril día de la Republica, (O mejor dicho ayer) FERNANDO FRANCO, dedica en su pagina del FARO DE VIGO (MIRA VIGO) Una atención expresa al blog y más concretamente a Marcos, Pablo y Ana, reconociendo que todavía no esta metido en este mundo por el cual todavía no tiene “mono” sí reconoce que de cuando en vez, PICA EN VIGOBLOG. (Todo mal, es empezar)

Dice este “VIEJO-JOVEN ROQUERO” que se considera un ser de las cavernas, no es para tanto, pero si que ya pasaron muchísimos años desde que, el, Carlos Núñez, Fernando Ramos (Sigue tan barbudo) Luis Noya, Olga Zurrón, y otros locos y locas, montáramos con gran ilusión la ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE CUBA, con sede en la calle Policarpo Sanz, después de que algunos y algunas ya montáramos la ASOCIACIÓN ESPAÑA-URSS con sede en Marques de Valladares. ¡¡Que tiempos aquellos del ORO DE MOSCU!!

Después vino para desgracia, (Creo yo) del mundo obrero, la caída del muro… Y todo se descafeíno, que hasta FERNANDO FRANCO, se declara, monárquico azoroso. Ja, ja, ja.

Que vieja alegre me haces, querido Fernando.

Besos para todos y una vez más, VIVA LA REPUBLICA


Voltaire-Vigo (http://lacorrupciónquenosinvade.blogspot.com)

claudioataturk dixo...

Buen refrito el de los que mezclas. Pues desde Fernando Ramos a Carlos Núñez, pasando por Fernando Franco,puedes situar a todo el arco ideológico y operacional hasta pasando por la antígua Caja de Ahorros MUNICIPAL de Vigo, si Municipal aunque ya nadie se acuerde y Gayoso menos.
Esto iba por el desmadre de la Plaza de españa pero valga para proclamar la indefensión urbanística, el viva Canabal y compartír y pedír la República aunque solo sea por el sentido común.
Saludos.
Ataturk