venres, 24 de abril de 2009

SOR CITROËN


Onde fóron os Audis? Feijoo chegou a Raxoi nun Citroën. Era obrigado en quen utilizou durante a campaña os catro aros da firma alemá para esposar a Touriño ao Sultanato do luxo. Para non desentonar co boss, todos os seus chegaron á toma de posesión en Citroën, e o Obradoiro converteuse nun concesionario da firma francesa. Presumir de austeridade polo uso dunha marca no canto doutra é dunha simplicidade inquietante. O mellor que pode ir facendo o novo Goberno é esgotar a vida útil dos coches herdados, Audis incluídos, pois o contrario será malgastar para simular austeridade.
"Pórtache ben. Teño familia". Un dos novos conselleiros de Feijoo recibiu o domingo chamadas de felicitación, tamén, dalgún ministro socialista. A conversación foi tan amigable que ao conselleiro in pectore ocorréuselle acabar a súa charla cunha petición:
.
_Non me deas moita cana. Pórtate ben, que xa sabes que teño familia.
.
_¡Que pasa!!! E os demais non a temos ou que?
.
Non se eu se entre os dez magníficos non haberá demasiados tecnócratas brandos e brandas.
.
Louzán ou un pavo real. O presidente do PP de Pontevedra e da Deputación, Rafael Louzán, paseouse por San Caetano en compaña doutros fieis para asistir ás tomas de posesión. Levaba o pescozo tan estirado que parecía un pavo real ou o xefe do galiñeiro. Non é para menos: os tres pesos pesados do gabinete son de Pontevedra (Roda, Agustín Hernández e Javier Guerra), a presidenta do Parlamento é de Pontevedra, e o presidente da Xunta é un ourensán que eferce de vigués. Canto máis alce o pescozo Louzán máis agre fará a dixestión do novo Goberno para o PP de Lugo, o da Coruña ou, ata, para o de Ourense, no que Baltar disimula como pode. A cofradia dos encabuxados é numerosa, pero, como as procesións en Galicia, tamén é silenciosa. Polo menos, de momento.

Ningún comentario: