
O informe presentado por WWF e Allianz SE, elaborado por Ecofys, puntúa segundo as súas políticas de cambio climático aos principais oito países industrializados e aos cinco máis importantes en desenvolvemento. O ranking dos estados con mellores políticas sobre clima lidérao Alemaña, mentres que Canadá atópase en última posición. No medio están Reino Unido, Francia, Italia, Xapón, Rusia e EEUU. Analizando a España cos mesmos criterios, obtense unha puntuación que sitúa ao noso país por detrás de Xapón e por diante de Rusia, EEUU e Canadá.
A só cinco meses das cruciais negociacións en Copenhague (Dinamarca), a edición 2009 do informe anual de WWF e Allianz "Scorecards do Clima do G8", mostra que, aínda que se realizaron algúns esforzos, as medidas adoptadas seguen sendo insuficientes para encamiñar ao mundo cara a unha economía baixa en carbono.
O informe tamén sinala a falta dun claro líder entre as nacións analizadas e, a pesar de que Alemaña mellorou lixeiramente a súa cualificación, países como Canadá e Rusia suspenderon a proba.
WWF
Ningún comentario:
Publicar un comentario