
O sindicato máis representativo dos técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) solicitou á Administración tributaria que centre as súas investigacións nos principais focos de fraude e non sobre as rendas do traballo. A razón que expón para iso é a diferenza existente entre o diñeiro declarado por traballadores e pensionistas, e empresarios e autónomos.
Segundo o informe da loita contra a fraude fiscal na Axencia Tributaria elaborado por Gestha, os diferentes empresarios declaran entre 4.000 e 6.000 euros menos só en Galicia, sendo esta a terceira comunidade con maior diferenza entre asalariados e empresarios de estimación directa. Con todo sitúase por baixo da media nacional. En toda España, os traballadores e pensionistas declaran entre 5.000 e 7.000 euros máis, o que levou aos subinspectores de Facenda a sospeitar da existencia dunha posible fraude. «É pouco crible que un traballador ou un pensionista gañe de media entre 5.000 e 7.000 euros anuais máis que os empresarios, notarios, arquitectos, avogados ou médicos, o que é outra proba evidente da enorme fraude fiscal que sitúa a España no segundo ou terceiro lugar no ranking dos países máis defraudadores da UE», engadiron.
Nesa mesma liña, Gestha mostra a evidencia da fraude na escasa diferenza do diñeiro declarado este ano e o de fai dezaseis. «Resulta desolador comprobar como os profesionais e os pequenos e medianos empresarios declaran no 2007 uns 3.200 euros máis que en 1992 (un 31,82%) -data na que se creou a Axencia Tributaria do Estado- e os microempresarios 2.300 euros máis que en 1992 (un 25,71%) cando comezaron a tributar por módulos», asegurou un portavoz do sindicato.
No entanto, os resultados mostran unha leve melloría, aínda que os informes que recollían os diferenciais ata o 2006 revelaban un continuo incremento, que se detivo no 2007 grazas ás rebaixas fiscais aplicadas á renda.
1 comentario:
EL ENUNCIADO LO DICE TODO, PERO FALTA UNA FRASE:
ESPAÑA: FRAUDE, ESTAFA Y CORRUPCIÓN GENERALIZADA.
Adelante con vuestro blog, vale la penaverlo.
Publicar un comentario