luns, 31 de agosto de 2009

¡PERFORA, PERFORA, QUE SAEN VIEIRAS!

A construción dos silos para os coches de Citroën no porto fai aflorar o enorme banco de marisco que matou o polémico recheo de Bouzas nos anos 80

Vieiras, ostras, ameixas, centolas, navallas, nécoras... unha auténtica e sorprendente mina de marisco. Niso converteuse Bouzas para os obreiros que constrúen os silos de coches da Autoridade Portuaria de Vigo. Cada vez que sobe a perforadora trae consigo un inesperado agasallo. Jesús, que é andaluz, dicíalle o pasado venres co seu gracejo natural a un compañeiro: «¡Quillo, perfora, perfora, que aquí saen vieiras e musha cousa rica!». Desgraciadamente, todo está morto.
Calquera veciño de Bouzas de certa idade sabe dabondo que ocorre. As escavacións para preparar os aparcadoiros en altura que utilizarán Citroën e outras multinacionais da automoción están facendo que aflore o maior banco marisqueiro da ría, aterrado da noite para a mañá nos anos 80 pola xunta de obras do Porto.
O recheo inicial de 300.000 metros cadrados con terra e materiais en grao sumo variado (vellas lavadoras ata) matou os cultivos de numerosas especies. E privou aos mariñeiros da súa tradicional fonte de sustento. A entón presidenta da Autoridade Portuaria Elena Espinosa e o seu antecesor no cargo, Martínez Torea, tiveron que sentar no banco dos acusados por suposto delito ecolóxico.
O 14 de setembro de 1994, José Carlos Montero, maxistrado do Xulgado do Penal número dous de Vigo, absolveuna dun delito contra a saúde pública e o medio ambiente. O Ministerio Fiscal considerouno un delito ecolóxico e pediu para ela unha pena de tres meses de cárcere e multa de dous millóns das antigas pesetas.
A nova ministra de Medio Ambiente permitiu obras de recheo en Bouzas, na ría de Vigo, omitiendo medidas correctoras para impedir un posible impacto ambiental na zona, segundo consta na acusación do fiscal. O proxecto, bautizado co nome de Petrovigo, supuxo a vertedura de terras sen limpeza e sen depurar na auga, achegando materiais de refugallo e lixo á ría
A decisión adoptada por Elena Espinosa, na súa calidade de directora da Xunta de Obras do Porto e ría de Vigo, provocou «unha clara contaminación fecal e química que supuxo a deterioración da integridade ecolóxica e da sanidade ambiental da ría», polo menos, así o consideraba o fiscal. O Ministerio Público chegou a cuantificar perdas de 1,3 millóns das antigas pesetas por ano por mor da redución de produción de mexillón. ameixas e outros.
Os obreiros da empresa que leva a cabo as perforacións xunto á Zona Franca mostraban a súa sorpresa, alleos á orixe da historia. O seu labor é esquecerse dos marisco fosilizado e seguir adiante co traballo. Un investimento de 26 millóns de euros permitirá habilitar unha estrutura metálica de tres plantas para 7.500 automóbiles o próximo ano.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

La CORRUPCION siempre viaja en el mismo sentido.

La forma y los mecanismos de la corrupción siempre parten desde la Administración, cuyos mandos tienen muchas INFORMACION PRIVILEGIADA.
Esta información, sobre todo en los temas de suelo, calificación, edificabilidad, trucos aledaños y demás fanfarrias, en manos de gente potentada, representa la forma más rápida de dar pelotazos de escánalo.
LA INFORMACION ES LA BASE DE TODA CORRUPCION. Y son los políticos y los funcionarios los que tienen esa información desde antes de conocerse públicamente. Y ESA INFORMACION ES LA QUE VENDEN.
Los pelotazos más evidentes son las recalificaciones de suelo, pero hay mil formas de que los funcionarios corruptos se hagan de oro, muchas veces formando parte de los tejemanejes de los políticos y otras jugando con los plazos, ocultando o escondiendo información supuestamente pública a los ciudadanos de a pié, etc.
ah¡, y muy importante,favoreciendo a gabinetes "amigos"... ya saben... si Vd quiere que esto "rule" que le hagan los proyectos es gabinete de mengano, que es "muy eficiente" [y pasa por caja]

claudioataturk dixo...

La fotografía del relleno de Bouzas ilustra sobradamente lo que es el desinterés por la Ría y todo lo que significa para Vigo.
Ahora unos silos de dos alturas para almacenar coches mientras Citroen quiera estar aquí. Vale. Pero y el resto que hacemos; de momento rezar y soñar conque la automovilística es de Vigo, por la subvenciones claro, y sigue aquí cincuenta años.
Lo mejor es taparse los ojos y pensar que el futuro lo arregla todo aunque nosotros nos empeñemos en "joderlo" y dejar cada vez más hormigón y tierra sobre nuestra Ría , supongo que aún de Vigo.
Saludos.
Ataturk.

claudioataturk dixo...

¡ Ah, de vieiras y berberechos hablemos en la comidas de Abel, Santi y Corina!
Los demás a esperar sus desmanes.
Saludos.
Ataturk.