xoves, 21 de xaneiro de 2010

MANIFESTACIÓN CONTRA O POLÉMICO DECRETAZO DO GALEGO

Miles de persoas maniféstanse en Santiago en contra do decreto do plurilingüismo

Moitas persoas tardaron máis dunha hora en poder saír da Alameda.

Minutos depués das once e media da mañá arrincou desde a Alameda de Santiago a manifestación convocada pola plataforma «Queremos Galego» polas rúas compostelás en contra do decreto do plurilingüismo da Xunta. A marcha, na que participan miles de persoas, iniciouse no medio dun ambiente festivo e reivindicativo no que abundan as bandeiras de PSdeG e BNG así como dos sindicatos.
Na cabeceira da manifestación atópanse o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, así como varios sindicalistas. Tamén participan na manifestación políticos como Pachi Vázquez, Anxo Quintana, Xosé Manuel Beiras, Carlos Aymerich, Mar Barcón ou José Manuel Lage, entre outros. Hai ademais moitos nenos, xente nova e representantes da vida cultural como o actor Carlos Blanco.
A manifestación deu comezo na Alameda, deu a volta pola praza de Galicia e penetrouse no casco vello. Unha hora despois chegou á praza do Obradoiro cando aínda moitas persoas esperaban na Alameda para poder comezar a marcha. A protesta, que se desenvolve de momento sen incidentes, terminará coa lectura dun manifesto.
Xa no Obradoiro, un grupo de profesores acordou propor á Xunta que o diñeiro que lles van a descontar por participar hoxe na folga dedíquese a axudar aos damnificados en Haití. Unha proposta que foi ovacionada polas miles de persoas presentes na manifestación.
Por outra banda, persoal da Universidade da Coruña concentrouse hoxe en diretentes facultades dos campus da cidade herculina e de Ferrol para apoiar a folga convocada hoxe no ensino non universitario en contra do decreto da Xunta.
Por outra banda, fontes sindicais de CCOO e da STEG indicaron a Efe que a folga no ensino público non universitaria convocada tamén para hoxe foi secundada polo 90% do profesorado.

Xuristas conclúen que o decreto do galego viola leis estatais e europeas...

ver fotografias da manifestación...

4 comentarios:

UN GALEGO dixo...

O sistema educativo debe garanter o dominio de ambas linguas oficiais: galego e castelán. O castelán satúranos a través dos medios de comunicación, dos cales os de máis peso son de concesión pública (televisións e radios): quen queira defender a liberdade de elección debería esixir un 50% en galego. Isto, e os prexuízos que inda existen contra o galego, xustifica plenamente que o galego sexa reforzado na escola para acadar unha competencia axeitada. Os pais que queiran impedir que os seus fillos aprendan galego deberían ser ignorados exactamente igual que os integristas islámicos ou testigos de Jehová que se neguen a que aos seus fillos lles expliquen a teoría da selección natural. Hai que ser moi cínico para chamar 'liberdade' a pretender prohibir que os teus fillos aprendan un idioma. Xa postos, reclamade a liberdade de que as vosas fillas leven burka.

DEMOCRACIA dixo...

La verdad es que es un placer ver el apoyo de Alternativa Veciñal en otras partes de España para que el gallego no desaparezca. Ojalá tuviéramos más como vosotros en Galicia y no estos endófobos que se dicen gallegos.
Lo estáis haciendo bien, adelante, teneis mi apoyo...
GRACIAS ALTERNATIVA VECIÑAL

Anónimo dixo...

Gracias a El Progreso polo titular tan cheo de enerxía, sen as manipulaciós da TVG, que deu noxo este mediodía, coma sempre. Feijóo: despreciaches a lingua de Galicia, intentaches disminuila, e agora, aprendiz de bruxo, tes un problema de primeiro orde, unha situación insostenible.

Anónimo dixo...

Es la primera vez que se nos dan a conocer las bases para un futuro Decreto lingüístico a todos: profesores, padres y demás ciudadanos. Es la primera vez que la Consellería se presta a hablar con representantes de asociaciones de distintas ideologías. Es la primera vez que hay interés por lograr un consenso sobre las lenguas en el que todos podamos sentirnos cómodos, aunque no nos satisfaga al 100%.

Pues, bien, los que nos impusieron un Decreto, que sólo consensuaron con los de su cuerda ideológica, montan todo este revuelo para intentar salirse con la suya. o sea, inmersión lingüística en gallego. si o si.

A los alumnos no los puedo criticar, todavía tienen poca capacidad de reflexión y, por experiencia, puedo decir que aporvechan cualquier pretexto para disfrutar de un día sin clase. Lo que me sorprende es que haya profesores que disconformes hasta ahora con el Decreto del bipartito, se hayan dejado presionar por los compañeros de la CIG. Otros hemos resistido las "invitaciones", pues ya estamos hartos de que la CIG y otros sindicatos sólo se acuerden de los profesores para apoyarlos en sus movidas, movidas que no siempre responden a intereses educativos. A los que llevamos muchos años en esto, no nos van hacer creer ahora que el principal problema en la enseñanza es la eliminación del gallego. Nos hemos leído el proyecto de Decreto y sabemos interpretar lo que leemos. Particularmente, este proyecto no me parece en absoluto descabellado, aunque tiene varios aspectos mejorables y precisables.