sábado, 30 de xaneiro de 2010

OS GOBERNOS INCUMPREN A LEI

QUEN NOS PROTEXE DAS ILEGALIDADES DOS GOBERNATES?

A metade dos concellos ignora a lei que obriga a ter un arquitecto que informe de urbanismo

Un de cada de tres só conta cun aparellador no seu persoal de traballadores

A lei só recoñece aos arquitectos superiores para informar dos proxectos urbanísticos en cada concello. Preto da metade dos concellos incumpren a norma. Só 175 dos 315 municipios galegos (o 55,55%) teñen no seu persoal un arquitecto como técnico municipal para o control e concesión de licenzas, segundo un informe feito público polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Pero unicamente o 22,53 % dos concellos (71) contan cun equipo técnico formado por un arquitecto superior e un aparellador, ambos "necesarios" para levar a cabo as labores que, dentro das súas competencias, realízanse nun concello.
En tres de cada dez concellos, son os aparelladores os que exercen como proyectistas. Unha situación que contradi a Lei 28/99 de Ordenación da Edificación (LOE), que especifica que os proyectistas de edificios con uso residencia, que son a maioría, administrativo, sanitario, relixioso, docente e cultural deben acreditar a titulación exclusiva de arquitecto superior. En total, son 115 os municipios que só contan con aparelladores para o control e concesión de licenzas urbanísticas, 20 deles cunha poboación superior aos 6.000 habitantes. Neste caso atópanse 9 concellos da Coruña (Cedeira, Cee, Coristanco, Laracha, Malpica, Ordes, Outes, A Pobra ou Ponteceso), cinco en Lugo (Burela, Chantada, Monforte, Sarria e Vilalba), e seis en Pontevedra (Caldas, A Cañiza, O Grove, Pontecaldelas, O Rosal e Valga). Nalgúns casos, segundo o COAG, agrávase pola súa "complexidade urbanística". Entre eles destacan O Grove, co plan urbanístico suspendido, A Pobra do Caramiñal ou Burela, pola súa situación costeira e por aglutinar gran cantidade de poboación nun territorio pequeno.
Pero a situación preséntase aínda complicada para dez concellos que a finais de 2009 aínda non dispuñan de ningún persoal técnico: sete na provincia de Lugo e tres en Ourense.
Ata hai concellos nos que os temas urbanísticos non recaen en arquitectos. En Galicia, hai 11 concellos que teñen en mans de xeógrafos ou enxeñeiros o control das licenzas. Os casos máis curiosos son os municipios coruñeses de Boimorto e Cariño, que contan para este tipo de traballo cun xeógrafo e un enxeñeiro técnico industrial, respectivamente. Na provincia de Lugo, A Fonsagrada dispón dun enxeñeiro de montes e en Quiroga, dun enxeñeiro técnico. "En ningún destes casos, os técnicos teñen habilitación para realizar proxectos da maioría dos usos definidos na LOE, e en especial de uso residencial", advirten desde o COAG, á vez que destacan que no caso do xeógrafo "nin sequera ten habilitación para redactar ningún proxecto de edificación".

A POLÍTICA É UN XOGO - GOBERNAMOS PARA FACER LEIS, INCUMPRILAS E IMPEDIR QUE NINGUÉN NOS DETEÑA...

1 comentario:

VERITAS dixo...

La hipocresía de una clase política que despilfarra el dinero de nuestros impuestos es tremenda. La Ley del Menor fue una barbaridad. Sirvió para que las mafias convencieran a los padres para que pagaran el viaje en patera (un dineral,en esos países) con el pretexto de que estarán en colegios y después ellos se podrán traer no a toda la familia sino a todo el clan. Y como efecto colateral,la Ley ha causado innumerables muertes en el mar,nunca sabremos cuantas. Unos españoles presumen de "buenos" porque trabajan para ONGs,no se van a quitar su modus vivendi.Otros,para abaratar sueldos en España.El ciudadano medio :nadie nos escucha,sólo nos exigen que paguemos,crisis o no crisis.