mércores, 13 de xaneiro de 2010

UN CARGO DA XUNTA BENEFICIOUSE DE FONDOS DA UE

Un xulgado de Ourense ampliou a investigación por suposto fraude na repartición de fondos europeos contra o actual delegado da Xunta de Galicia na provincia, Rogelio Martínez, do PP. O PSOE entregou ao xuíz facturas de pagos a empresas de Martínez con cargo a subvencións europeas. A pasada primavera, unha sentenza da Audiencia Nacional xa acreditou que Martínez certificou falsamente obras nunca realizadas para cobrar 54.000 euros en axudas da UE para un organismo local que el presidía.
As facturas en poder do xuíz acreditan pagos, entre 2000 e 2001, por valor de polo menos 6.000 euros a un restaurante do delegado da Xunta e a unha axencia de viaxes dun irmán seu. O Concello de Arnoia, do que Martínez era alcalde cando sucederon os feitos, tampouco puido xustificar o destino dado a outros 64.908 euros procedentes da Unión Europea.

Ningún comentario: