xoves, 25 de marzo de 2010

DENUNCIAN EN BRUSELAS A "MASACRE" EN CABO TOURIÑAN E NA MONTAÑA LUCENSE

O Parlamento Europeo resolverá dúas denuncias relativas a "masacres" ambientais en Galicia: a piscifactoría que Pescanova pretende construír no espazo protexido de cabo Touriñán e as continuas agresións á comarca do Courel.

A primeira advirte de que a piscifactoría resultaría "incompatible" coa Directiva Hábitat (92/43/CEE) europea e recorda que en cabo Touriñán "existen hábitats prioritarios, de alto valor ambiental, e a normativa europea só permitiría a construción nestes espazos por razóns imperioso de interese público de primeira orde".
O argumento de creación de emprego que utiliza a Xunta para xustificar a planta acuícola é "falaz" porque "en realidade non pasaría de vinte postos de traballo, e todos subvencionados con fondos públicos". Unha vez que sexa admitida a trámite a denuncia ante a comisión de peticións, servirá como base para unha decisión da Comisión Europea (CE) respecto da planta de Touriñán.

SOS Courel pide o fin da "masacre"

A organización ecoloxista SOS Courel trasladará a segunda denuncia ao Parlamento Europeo, relativa á "masacre" desta comarca da alta montaña de Lugo. Para reforzar as súas acusacións remitirán por correo unha ampla documentación que será tramitada a través do parlamentario de Esquerda Unida, Willy Meyer Pleite.
Nun comunicado, os ecoloxistas especifican que entre esa documentación figura un "volume xigante" coa copia de 21.000 sinaturas que en 2007 reclamaban protección para O Courel e denunciaban as "agresións" ambientais e culturais deste territorio.
Esas sinaturas recolléronse para reclamar a declaración de Parque Natural para O Courel, con financiamento suficiente para a dotación de servizos públicos aos seus veciños e procurar a recuperación ambiental e da súa paisaxe tradicional.
Tamén remitirán un informe do 'Valedor do Pobo' de 2007, no que se admitía que se produciron "actuacións nun principio discrepantes" por parte das Consellerías que permitiron a actividade da louseira da Campa.
Ademais, achegarán varias reportaxes en prensa escrita que, segundo a organización, pon de manifesto os "malos tratos" do Courel, así como copia de reportaxes e documentais televisivos.
Completan esta longa lista coas últimas denuncias referidas ao que consideran "corrupción" forestal que se está producindo no Courel, ao acometer tarefas que se terían que realizar de forma manual con grandes máquinas, o que supón a "destrución sistemática de hábitats protexidos, coa intención de aforrar man de obra e multiplicar o lucro económico".

1 comentario:

Anónimo dixo...

Esta es una pequeña muestra de la ALARMANTE CORRUPCION que hay en la admon publica autonomica,local y del estado. Ante un sistema corupto que protege a los politicos de todos los partidos, los ciudadanos honrados estamos desprotegios, y un sistema de justicia obsoleto, tendremos que tomarnos la justicia por nuestra cuenta.