O director da Axencia da legalidade urbanística, foi destituído nove días logo de asinar a orde-O irman do Conselleriro de Cultura administra a promotora.
A orde de demolición da polémica urbanización dos Raeiros, no Grove, foi notificada ao Concello logo de tres anos de resolucións administrativas e xudiciais. A Axencia de Protección dá Legalidade Urbanística, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, comunicou ao alcalde a resolución que deberá executarse no prazo de tres meses e afecta a 52 propietarios que pagaron 540.000 euros pola compra dun chalé encostado.
A decisión xa só podería parala o tribunal contencioso administrativo de Pontevedra no caso de que a promotora Inproin Galicia, SL recorrese o fallo da axencia e o xulgado aceptase a trámite a apelación. A promotora conta con dous meses de prazo para lograr a suspensión da derriba, aínda que fontes consultadas coñecedoras do caso deixaron abertas poucas posibilidades de que o recurso prospere, tendo en conta que o expediente de demolición acordado en 2007 pola Consellería de Política Territorial foi confirmado recentemente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A decisión da axencia da Xunta contempla a derriba de 52 apartamentos aliñados en grupos de catro, cinco e seis vivendas con soto, primeira planta e baixo cuberta. A urbanización conta cunha zona central onde se sitúan varias piscinas, edificio de servizos, muros de contención e grandes movementos de terras fronte á praia de Balea, en San Vicente do Mar.
O incumprimento da resolución por parte da promotora leva a execución forzosa de demolición así como a imposición de multas coercitivas acumulables periodicamente en contías de 1.000 a 10.000 euros cada unha. Tiveron que transcorrer 14 anos desde o inicio das obras para que unha resolución do anterior Goberno bipartito declarase ilegal a parcelación que levou a cabo sobre solo rústico cando os promotores só tiñan licenza autonómica para un apartotel.
A resolución de Política Territorial de 30 de abril de 2007 obrigaba á promotora a restituír a parcela ao seu estado orixinal, axustarse á licenza autonómica e comunicar ao rexistro da propiedade de Cambados a imposibilidade xurídica de segregación da leira dado o seu carácter indivisible.
Pero a promotora recorreu esta decisión ao Tribunal Superior que desestimou os seus argumentos e concluíu que non só pretendía vender ilegalmente 52 chalés encostados senón que incumprira flagrantemente a Lei do Solo ao segregar unha parcela que estaba catalogada como rústica. Agora, Inproin terá a súa última oportunidade de paralizar a orde de derriba recorrendo ao tribunal competente na xurisdición onde está emprazada a urbanización.
Entre os propietarios da exclusiva leira, situada nunha atalaia desde onde se divisa a illa de Ons, atópase o actual conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña. Un dos seus irmáns, Fernando Varela, aparece como socio e administrador da promotora Inproin Galicia, SL.
A Xunta evita concretar quen debe derrubar a urbanización...

Ningún comentario:
Publicar un comentario