"Fascistas e corruptos xulgan ao xuíz" é unha das frases das pancartas que portaban os cidadáns que acompañaron ao xuíz Garzón acudiu a declarar ao Tribunal Supremo, e é a mesma frase que se vía na manifestación cidadá ante a Audiencia Nacional a semana pasada no seu apoio; e é a frase que resume o que pensamos moitos españois ante o disparatado despropósito que está sufrindo o maxistrado español de máis prestixio internacional. España ao revés, a democracia ao revés, o sentido común, a decencia democrática, a Xustiza... ao revés.
Un ex presidente, Aznar, que se aliou coa guerra de Iraq, un dos maiores xenocidios das últimas décadas, que mentiu aos españois, que abriu as portas aos sectores máis reaccionarios da dereita, que xerou a burbulla inmobiliaria que arruinou a economía española, que meteu nas súas filas a presuntos mafiosos .., como digo, un ex presidente desta catadura difamando ao laicismo (comparándoo coa "persecución relixiosa", cando é o pilar da democracia) desde o seu particular "laboratorio de ideas". ¡Que perigo! E, realmente, ¿quen persegue a quen?
Outro ex presidente, o balear, que, acusado de prevaricación, de cobros inxentes de comisións ilegais, de desmesurado enriquecemento persoal no uso do seu cargo público, di ser vítima dunha persecución e evita o cárcere cunha fianza de tres millóns de euros, ese que di ser tan "pobre" e honrado.
Un Tribunal Supremo de Xustiza que, de xeito inmoral para un amplo sector social, senta no banco ao Xuíz Garzón por cumprir o Dereito Internacional en materia de crimes contra a Humanidade; unha Xustiza que acusa a un xuíz por pretender investigar un xenocidio histórico ante unha querela de dúas organizacións da ultradereita. Unha Xustiza que redacta unha queixa contra os actos de apoio cidadán a ese xuíz, coma se a liberdade de expresión fose un absurdo.
Un partido político, o PP, que paga soldos (que multiplican por cinco o que cobran moitos cidadáns por un mes de traballo) a ese ex presidente balear estando xa fora do seu cargo; que adhire ás súas filas ao pai dunha nena asasinada por un perturbado, facendo caixa política dunha desgraza familiar, e que, á vez, pretende deixar impune a desaparición de máis de 100.000 persoas a mans da ditadura.
Ese mesmo partido político, o da oposición, que, envelenado desde a raíz por unha trama corrupta que só fose imaxinable nalgunha obra de cine negro americano de terceira, atrévese a falar de moral, de valores e de patrañas polo estilo; que trata aos cidadáns coma se fósemos bobos, e deixásemonos seducir pola "piruleta" das súas repetitivas vilezas e mentiras.
Eses mesmos que lanzaban desde as súas tribunas mediáticas a consígna "España rompe", son os mesmos que a están rompendo. Depende de nós, dos cidadáns decentes de toda ideoloxía, xunto ás institucións e os resortes democráticos, que non o sigan facendo.

1 comentario:
Yo me atreveria a decir que esto es mucho mas grande de lo que a simple vista parece.
Eso de culpar a Falange es justo lo que "Ellos" quieren.
Si uno se pone a buscar - Todas las familias que son ricas ahora en este pais, han hecho su fortuna solo desde que murio Franco.
Los que tienen miedo de lo que destape el Sr. Juez este no son los de Falange - son los que se lucraron antes del 75 gracias a los amiguismos con el Sistema y muy a costa del pais, y que una vez muerto Franco acordaron entre todos y con los politicos de turno el no hacerse daño el uno al otro y tratar de esconder por lo sano.
La oligarquia no cambio' solo porque Franco murio'. Es y seguira' siendo la misma: Algun que otro banquero o dueno de empresa o de medios de comunicacion. Bastantes de los poderosos que estan siempre a la sombra en Madrid. Y me da' que incluso poderosos catalanes y vascos de los que son ahora muy nacionalistas. (no que haya nada malo con eso - pero con la hipocresia si'!!!).
De todos modos - la apatia general es lo que importa
Publicar un comentario