A REALIDADE SEGUE CONTRADICINDO A OS ECONOMISTAS DO PXOM DE VIGO.
APROIN PODERÍA REGALAR OS PISOS BALEIROS A INMIGRANTES PARA QUE SE CUMPRAN AS PREVISIÓNS DO PLAN.
Partindo do número de vivendas do Plan obtense o número de inmigrantes obxectivo, pero partindo da realidade e seguindo o ciclo económico non se obtén o número de vivendas obxectivo...
O estudo demográfico do equipo redactor do Plan Xeral de Vigo quedouse obsoleto en apenas tres anos.

Construiranse 120.000 vivendas máis, pero a poboación non crece.
Coa aprobación do PXOM construiranse 120.000 vivendas máis durante os próximos 20 anos. Os redactores do Plan xustificaron a explosión inmobiliaria baseándose nunhas previsións imposibles de cumprir ao ritmo actual.
En 2027 debería haber 100.000 persoas máis vivindo en Vigo, pero é que a día de hoxe xa debería haber 10.000 máis das que hai, e en 2011, 30.000 máis. Os datos do INE indican que o maior aumento de poboación nos últimos cinco anos foi de 4.000 persoas no período 2002-2003, un mero espellismo, xa que en 2004, como en 2006, a poboación descendeu.
Consultora Galega expón no Plan que a demografía subiría tendo en conta factores moi variados, desde a alta taxa de natalidade viguesa, ata o auxe da inmigración. ¡¡Vaia metedura de pata!!.
Se a pesar de todo, tomásemos por bos os datos de Consultora Galega, en 2.027 habería 393.255 habitantes e 259.000 vivendas, o que equivale a 1,5 vigueses por cada casa
Os datos que achega o Instituto Galego de Estatística tampouco lle darían a razón ao equipo redactor do Plan Xeral e as súas previsións. Segundo un estudo de 2005, Pontevedra é a provincia galega con máis habitantes por casa, 2,98, o que indica que o número de vivendas na actualidade xa é elevado de seu.
Un dato significativo do estado actual da demografía en Vigo é que a poboación elixe cada vez con máis frecuencia poboacións veciñas para vivir. Segundo o último censo, en Ponteareas hai 615 habitantes máis que en 2005 e en Cangas, 353.
O Concello elimina a 900 inmigrantes do padrón...
Ningún comentario:
Publicar un comentario