domingo, 6 de xuño de 2010

O PP MANTÉN ABERTOS 64 'CHIRINGUITOS DAS AUTONOMÍAS'

Cospedal reclamou onte a eliminación das delegacións exteriores dos Gobernos socialistas porque se gasta nelas "miles de millóns"

O PP esixe ao Executivo o que non cumpre alí onde goberna. A última destas peticións leva uns meses en boca dos principais líderes conservadores e foi recuperada pola número dous do PP, María Dloores de Cospedal, nun acto en Segurilla (Toledo). Trátase da supresión das denominadas 'embaixadas autonómicas' (chiringuitos), un dos recortes que os conservadores suxiren para evitar a conxelación das pensións. "Non se poden ter miles e miles de millóns de euros nalgunhas medio embaixadas de comunidades autónomas ao longo e ancho de todo o mundo", lamentouse.
O que obvia Cospedal no seu discurso é que 64 destas oficinas representan a comunidades autónomas nas que goberna o seu partido, o PP. E que a formación na que exerce como secretaria xeral non ten previsto suprimilas. Só a oficina da que dispón a Comunitat Valenciana desde 1989 en Bruxelas custa á Generalitat de Francisco Camps máis dun millón de euros ao ano.
O propio Rajoy xa insinuou ao Executivo socialista en setembro do pasado ano que a eliminación das embaixadas debía ser unha das medidas para recortar o gasto público. "Sobran ministerios, se solapan competencias, multiplícase a burocracia, dedícase diñeiro público a facer favores e a publicitar os labores do Goberno, as comunidades abren embaixadas no exterior ou se encargan informes innecesarios ou falsos", afirmou entón o líder do PP.
A repartición dos 'chiringuitos'
As oito comunidades autónomas gobernadas polo PSOE teñen en total 105 'embaixadas' autonómicas no exterior. Catalunya, no punto de mira dos conservadores por impulsar a existencia destas oficinas, ten 47 delegacións repartidas polo mundo, segundo o informe do Ministerio de Política Territorial. Séguelle Andalucía, con vinte 'embaixadas' despregadas polos cinco continentes; Asturias, con trece, e Euskadi, con 12. Cun número inferior figuran Aragón, que ten cinco oficinas, e Estremadura, que dispón de catro.
Para rematar, Balears e Castela -A Mancha contan con dúas delegacións territoriais no estranxeiro. Canarias, presidida por CC-PP, consolidou unha rede de oito delegacións, Navarra (UPN) ten cinco e Cantabria (PRC) dispón de dúas. Ademais das comunidades autónomas, as provincias andaluzas de Huelva e Almería e a Deputación de Barcelona están representadas en Bruxelas con oficinas propias.

Ningún comentario: