luns, 7 de xuño de 2010

ESPAÑA, CHARANGA E PANDEIRETA

Seguimos na España de charanga e pandeireta que dicía Machado, porque si, porque todo vale, porque a xustiza dos homes é falsa e baleira como as súas mentes e corazóns, porque tanto tes tanto vales, porque ser amigo do de arriba segue primando, porque ese Deus ao que tanto rezan, se é que existe, xa non escoita ao máis débil, nin ao xusto, nin ao que leva a razón. Un país de pícaros de guante branco, onde para vergoña da xente honrada, as altas esferas, os grandes cargos están en mans de ladróns vestidos con traxes de deseño. Se existe xustiza divina o tempo poñeraos no seu sitio, pero mentres seguirán roubando os de sempre.
Esta é a España de charanga e pandereita, cun baixisimo nivel de autocrítica, cun déficit cultural e educativo cada vez máis alarmante, cunha gran cantidade de xente que actúa sen criterio, sen iniciativa e sen interese, cun número esaxeradamente alto de persoas dispostas a que se lles resolva o seu problema sen facer nada pola súa banda, cun distanciamento cada vez maior entre a realidade, a política e un elemental bo sentido. Talvez sexa necesario que volvamos pasar fame e inseguridade en grandes doses para que nos deamos conta de que se pode soportar algunha mentira, pero que é imposible vivir nun país en que case todo está montado sobre a ficción, en que nada é o que debe ser.
Ninguén parece darse conta de que non podemos seguir vivindo exclusivamente da abundancia allea, de que algo teremos que ofrecer aos demais no mercado do mundo porque os nosos produtos tradicionais dan mostra de esgotamento. A solución tampouco pode ser facernos a todos funcionarios, aínda que en Estremadura xa superaron con largura a cota do trinta por cento.
Aínda estamos a tempo de tirar a pandereita pola fiestra e de pornos a traballar: a moitos gústanos. Aínda estamos a tempo de xubilar aos políticos que nos enganan de xeito miserable, e están por todas partes. Non é imposible desmontar moitas das mafias e mentiras que se apropiaron de institucións que merecerían respecto. Dicía o poeta que hoxe é sempre aínda. Xa abonda de querer parecerse a Obama, pongámonos simplemente a ser mellores, a ser máis valentes, a dicir con tranquilidade o que pensamos.

1 comentario:

Anónimo dixo...

La verdadera cuestión es cuánto tiempo va aguantar la gente sin ponerse nerviosa, sin romper lo que tenga más a mano. A base de mentiras, muchos continúan creyendo que la solución es fácil, que solo hay que esperar, pero perderán su imperturbabilidad y su candidez cuando vean cómo las gasta la crisis en que nos han metido. No confío nada en el gobierno y muy poco en los políticos, pero hasta hace poco creía que en España había ya un comienzo de sociedad civil capaz de sacar esto adelante; ahora ya no lo sé. Reconozco que seguir el debate del día a día es desconsolador porque hay muchas cosas, como la Universidad por ejemplo, en que vamos directamente en la dirección contraria a lo razonable. Del error se puede salir con esfuerzo, pero de la creencia interesada es muy difícil huir. Nos va costar Dios y ayuda cambiar creencias absurdas pero muy comunes: va a ser digno de verse, pero muy duro de soportar.