luns, 21 de xuño de 2010

FUSIÓN DOS CONCELLOS

É verdade que o problema do escaso tamaño dos municipios galegos non é máis grave en Galicia que no conxunto de España: Pero iso non é óbice para obviar a discusión. O plan grego de fusión de gobernos locais serviu para reabrir un debate en Galicia que xa en decembro pasado un moi oportuno documento do Club Financeiro de Vigo acusaba de urxente.
Hai que recoñecer que a cuestión non é sinxela: existe un limiar para que a xestión dos asuntos públicos sexa minimamente eficiente, aínda que é certo que este tamaño mínimo depende do servizo do que esteamos falando. A evidencia empírica dispoñible mostra que os servizos máis intensivos en capital (recollida de lixo, abastecemento de auga...) requiren tamaños poboacionais máis grandes. Xa que logo, teoricamente a escala óptima depende de cada servizo e non existe unha cifra de habitantes máxica. Ademais, é posible optar por solucións alternativas como a privatización do servizo, a cooperación municipal ou a prestación do servizo por niveis de goberno superiores (como fan as deputacións coa xestión tributaria). No entanto, e ata sendo eficaces na combinación destas opcións, a inmensa maioría dos expertos desaconsellaría a existencia de municipios con menos de 2.000 habitantes (case 100 en Galicia); e boa parte deles decantaríase polo limiar dos 5.000, ao que non chegan 200 municipios galegos.
A profunda crise financeira na que están a práctica totalidade de corporacións locais debería converterse na fiestra de oportunidade para que a Xunta incentive un proceso de fusións, situando inicialmente o limiar polo menos en 2.000 habitantes. Francamente, non creo que o argumento democrático a favor da non fusión (a proximidade dos alcaldes cos electores) sexa aplicable a un incremento de 1.000 a 2.000 cidadáns. É verdade que poden existir sensibilidades locais, e perda de postos de alcaldes e concelleiros. Pero nun contexto inaudito, no que se chegan a aplicar rebaixas significativas ao soldo dos empregados públicos en aras do aforro, non parece tan grave ter que renunciar a unha pobre e deficiente independencia política para conseguir servizos mellores e máis baratos.
Dito o anterior, creo que sería preferible que a Xunta utilizase a vía dos incentivos ás fusións voluntarias. Os fondos de todo tipo que a Xunta transfire aos concellos deberían premiar substancialmente a quen se integre neses procesos. As corporacións que opten por manterse á marxe, que se vexan abocadas a subir impostos para que sexan os cidadáns os que sufraguen o luxo. En moito tempo, non vai existir unha mellor conxuntura para facer ao fin en Galicia (e España) o que se veu facendo en Europa nos últimos 50 anos.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Cada ayuntamiento conlleva : sueldos de alcaldes,concejales y oposición que se ponen el sueldo que quieren, pero que también pasa en todas la autonomías. Yo pondría sueldos de austeridad máxima. Sueldos para los políticos de 1.500 a 2.000 euros al mes como mucho. Son personas que no tienen ninguna preparación especial y que es el momento de apretrse el cinturon todos no solo subiendo los impuestos o pediente más crédidtos para pagar sueldos. Si falta, recorte de funcionarios o congelación de plazas.Hasta que se lleve a un equilibrio presupuestario.

UN GALEGO dixo...

Partimos da idea que corromper é alterar unha cousa facéndoa mala ou impura. En 1994 os ministros da Unión Europea estableceron que a corrupción minaba a confianza na democracia, atentaba contra a primacía do dereito, descoñecía os dereitos humanos e puña en perigo o progreso social e económico.
Este marco de individualismo, de políticos desvinculados da súa función social, desprovistos da culpa que poden producir os seus actos, de empresas con xestores sen escrúpulos, dá as referencias para comprender a corrupción nos concellos.
A modernización das administracións non veu acompañada de sistemas de vixilancia, de control e loita contra a fraude. Estamos nunha época na que o corrupto é moito máis sofisticado, ampárase no tráfico de influencias, no lobby, na información privilexiada, na arquitectura financeira.
As investigacións dos casos de corrupción raramente parten dos fiscais, senón das denuncias dalgúns medios de comunicación. Case nunca de informes dos funcionarios públicos. Teñen medo a emitilos polas presións dos partidos e os políticos. O mobbing, o acoso laboral ascendeu en España ata límites incribles. É difícil ver a un ministro no día a día, pero é moi sinxelo toparse cun concelleiro a cada momento no posto de traballo.
Nos concellos o diñeiro pode chegar de forma fraudulenta aos políticos e os seus partidos non só pola vía do urbanismo, senón tamén por plans de emprego, os contratos de servizos, subvencións? Nada máis basta observar as árbores genealógicos dalgunhas institucións para darse conta dos armazóns financeiros.
A corrupción implica a longo prazo máis carga impositiva sobre os cidadáns. Terán que pagar máis para conseguir cada vez menos.
A sociedade civil en España está desestructurada. Existe un baixo nivel de asociacionismo e os medios locais non poden ser moi activos. O financiamento deste tipo de xornais, radios ou televisións moitas veces está ligada á publicidade dos concellos. O político só ten que retirar unha campaña de información sobre os impostos municipais, festas? para que ese mes o medio en cuestión poida ter problemas financeiros.
Os avogados, os poderes xudiciais parece que tampouco están exentos de culpa. Ningún colexio profesional expulsou a ningún dos seus membros, avogados, procuradores, xuíces, arquitectos, fiscais, cando están vinculados con claridade a fenómenos de corrupción. A arquitectura legal e financeira que levan a cabo os políticos só é posible co concurso deste tipo de profesionais.
Aos politicos non lles interesa a fusión dos Concellos para seguir chupando do pobo.

UN CIUDADANO dixo...

La aplicación en España tendría que ser distinta ya que, por ejemplo, el corte para realizar esta concentración entre municipios griegos se ha hecho entre poblaciones con menos de 10.000 habitantes. En la actualidad hay unos 7.000 pueblos españoles en este arco. Por tanto, las fusiones habría que hacerlas con otros parámetros. En fuentes del Gobierno se dice que estaría bien hacerlas con poblaciones inferiores a los 15.000 habitantes. Con esta fórmula quedarían unos 4.000 ayuntamientos, la mitad de los existentes en la actualidad. La fórmula ideal, según los expertos, sería la de «mancomunar servicios y prestaciones, y elaborar unidades administrativas más globales para hacer una gestión generalista».
De esta forma, «habría menos alcaldes, concejales, asesores, personas de confianza... pero serían más representativos y abarcarían más territorio», señalan, eso si, con los mismos sueldos. Es más, hay muchos pueblos muy próximos y con un nivel social y económico muy parecido. Pero habría que empezar por suprimir de un plumazo todas las diputaciones provinciales, foco de corrupción galopante de este país. En ellas se sientan los alcaldes que de esta forma complementan su sueldo de primer edil. A veces agasajan con su presencia, también remunerada, los consejos de cajas de ahorro.
El modelo sería el de la fusión en frío que empieza a darse en las cajas de ahorro para solventar la crisis financiera. Pero con una salvedad importante. Habría que reducir drásticamente «la estructura administrativa porque la que hay no se puede pagar», señalan. Mientras tanto, convendría ligar el sueldo de los alcaldes y concejales al número de habitantes y al nivel de deuda.
Sin embargo, el problema fundamental para este cambio reside precisamente en el número de políticos que vive de todo esto y desde hace mucho tiempo. Por ejemplo, en una encuesta realizada por el Ministerio de Política Territorial, un tercio de los alcaldes dice que no sabe cuál fue su anterior profesión.