Funcas destaca que o crédito a inmobiliarias multiplicouse por 25 e a vivenda só por nove
Bancos e caixas proporcionaron "o combustible que a burbulla inmobiliaria necesitaba para continuar o proceso de crecemento dos prezos" durante a expansión do sector. Desta forma resume un informe da Fundación das Caixas de Aforros (Funcas) o papel das entidades financeiras durante o boom.
Os datos nos que se basea para cargar de responsabilidade á banca son que os créditos ás inmobiliarias multiplicáronse por 25 no período entre 1995 e 2007, no que está comprendido o boom, e por 6,7 o destinado ás construtoras. Con todo, os préstamos aos compradores de vivenda, que eran os que podían adquirir a oferta que ían pondo no mercado as inmobiliarias, multiplicouse só por nove.
Ademais do crédito fácil, tamén contribuíron á burbulla o forte crecemento da demanda de vivendas (polo menor paro e os préstamos baratos, entre outros factores) e o "cambio nas expectativas de revalorización futura da vivenda", sinala o informe, realizado polo investigador Juan Fernández de Guevara, da Universidade de Valencia. Dito doutro xeito, unha das características principais da burbulla é "o carácter especulativo" do prezo, xa que todos esperaban sempre unha subida aínda maior.
Unha diferenza fundamental do último ciclo de bonanza inmobiliaria fronte ao de mediados dos oitenta é que no recente boom, o prezo creceu durante dez anos seguidos, o dobre que no anterior. Tamén se destaca a desmesurada sobreoferta de pisos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario