mércores, 5 de xaneiro de 2011

CARBÓN DE REIS

Todo parece indicar que, a instancia do noso Goberno, os Reis Meigos van obsequiarnos este próximo 2011 con inxentes cantidades de carbón autóctono, o que vai supor un enorme incremento da factura eléctrica e tamén un aumento das nosas emisións de CO2. Ignoro os motivos polos cales o noso Executivo, lonxe de optar por unha revolución enerxética renovable capaz de reconverter a un sector obsoleto, opta pola absurda potenciación dunha enerxía desfasada que, ademais, atenta gravemente contra a nosa saúde e petos.

Corrixir a carta aos Reis Meigos, pedíndolles enerxías renovables, sería o máis intelixente que podería facer o noso Goberno, pois estas constitúen un triplo agasallo ao crear empregos, autosuficiencia enerxética e combater ao principal inimigo de España, a saber, o nefasto cambio climático.
M.G.

Ningún comentario: