
E que impediría a escalada dos prezos de produtos básicos. Tamén aquí Zapatero fixo o contrario do que dicía. subiu, albarda sobre albarda, a luz en case un 10% sobre lesivos aumentos anteriores, un 43% nos últimos tres anos. permitiu que o gas escale un 3,9% máis, o AVE un 2,3%, proximidades un 3,1%. Con case de 5.000.000 de parados e a crise en pleno zarandeo popular, o peto dos españois deberá sufragar as crecidas de prezos, amén do malgasto das tres Administracións, a central, a autonómica e a municipal, porque continúa o malgaste, incrementado cunhas empresas públicas deficitarias, moitas delas sen outra utilidade que a colocación de parentes, amiguetes e simpatizantes dos partidos políticos.
As cifras son moi túzaras e, fronte ás promesas e a palabrería, fronte ao conto da leiteira e a incontido verborrea, aí está, pura e dura, a realidade que encolle o ánimo e atormenta os petos dunha cidadanía, atónita do que se lle vén encima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario