martes, 5 de abril de 2011

HAI OUTRAS SAÍDAS Á CRISE

¿Non hai máis nada que facer para aplacar aos voitres de mercados de capital que hoxe ameazan as nosas moribundas economías que aplicar recortes sociais? ¿Esta é a única vía para axustar o déficit? Hai outras portas de saída. ¿Cales? Aumentar os impostos sobre as rendas e os patrimonios ás clases máis podentes. Por exemplo, no caso español, antes de aprobar máis recortes sociais deberíase restablecer o imposto sobre o patrimonio, recuperar o de sucesións e doazóns ou gravar de verdade os beneficios da banca e das grandes empresas españolas... ¿Saben cal foi o beneficio das empresas que forman o principal indicador da bolsa, o Ibex 35, o ano 2010? A cifra récord de 51.637 millóns de euros, a pesar de ser un ano en que a economía decreceu. ¿Como pode ser que en plena crise económica estas empresas teñan unha marca de beneficios tan escandalosos? Esta cifra supón máis de tres veces o importe polo cal xustifícanse os recortes sociais do 2010. Agora que o Parlamento luso foi valente e dixo que así non, sería necesario que nos quedase claro que hai outras saídas posibles á actual crise, pero que estas pasan, necesariamente, por grandes mobilizacións sociais

Ningún comentario: