mércores, 27 de abril de 2011

EXCURSIÓN POLO LADO ESCURO DO URBANISMO DE VIGO E A CORUÑA

Enfrontados a sentenzas que ilegalizan edificios ou plans urbanísticos, os concellos tentan adiar a súa execución para non asumir indemnizacións millonarias. Sucesivos gobernos pásanse a pelota mentres os edificios seguen en pé e nos soares medran as silveiras
Licenzas concedidas para construcións en condicións contrarias á lei, expropiacións para fins que logo se cambian por outros multiplicando o valor do terreo ou actuacións paralizadas pola batalla entre administracións e os grupos políticos municipais. Así se escribe a historia negra do urbanismo coruñés e vigués, mentres os concellos manteñen a compostura cun ton de “aquí non pasou nada”, confiados en darlle volta a sentenzas que xa son firmes ou en apañar unha solución que non supoña unha sangría para as arcas municipais.
“Detrás do urbanismo hay cartos e onde hai cartos e decisións políticas hai posibilidade de corrupción”. Así o entende Valentín Souto, profesor da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña. El foi quen denunciou nesta cidade, hai xa case 15 anos, a ilegalidade do edificio Conde de Fenosa, o único sobre o que pesa unha orde de derruba actualmente no municipio coruñés, unha envexa para a moito máis prolífica historia das sentenzas urbanísticas viguesas. Malia a que a sentenza sobre o Conde de Fenosa é firme, o Concello segue tratando de legalizar a construción ou, polo menos, gañar tempo cun recurso de súplica para a súa inexecución. E así pasa o tempo coa sensación –ou realidade– de que nada se tira.
O caso de Valentín Souto exemplifica unha situación cada vez máis frecuente en Galicia: a de cidadáns que acoden á xustiza para enfrontarse á actuación irregular da Administración no campo do urbanismo e se demoran nun longo nobelo de trámites. “Miña muller e mais eu levamos xa unha cuarta parte da nosa vida con este asunto. Como a Xustiza funciona lamentablemente, as administracións ampáranse nesa ineficacia para prolongar os recursos no tempo coa idea de que xa arreará o que veña detrás”. Así, o arquitecto apunta directamente á lentitude xudicial como desencadeante dunha actitude na que os poderes políticos se senten donos dunha “patente de corso para facer o que lles veña en gana”. “Isto é unha especie de labirinto de Creta”, láiase o denunciante dun edificio feito cunha licenza que contravén a edificabilidade máxima permitida.
A postura do Concello de que non se tirará o inmoble e... máis...

Ningún comentario: