xoves, 12 de abril de 2012

OS DIRECTIVOS DE IBERIA, SABEN VOAR

O sindicato de pilotos denuncia que co salario de once altos cargos, uns 15,5 millóns de euros, poderíase pagar a 460 pilotos da filial de baixo custo.
O responsable da sección sindical de Sepla en Iberia, Xusto Peral, denunciou, coincidindo cunha nova xornada de folga, que co salario da cúpula directiva da aerolínea (uns 15,5 millóns de euros anuais) poderíase pagar o soldo de 460 pilotos da nova filial Iberia Express coas condicións propostas polo sindicato: é dicir, 36.000 euros brutos anuais. Isto significaría que, a xuízo de Peral, a low cost "podería voar gratis".
Peral detallou que os 15,5 millóns de euros corresponden á suma das retribucións percibidas polo presidente da compañía, Antonio Vázquez, o conselleiro delegado, Rafael Sánchez-Lozano, e outros nove altos cargos. Segundo o responsable sindical dos pilotos de Iberia, "os directivos cobran agora uns soldos millonarios que nunca se deron en Iberia". Ao mesmo tempo, criticou que se están dedicando a entregar Iberia aos británicos", informa Servimedia.
Recentemente coñeceuse que o conselleiro delegado de Iberia, Rafael Sánchez-Lozano, conxelouse o seu soldo aos niveis de 2011, segundo consta no informe anual corporativo da fusión Iberia-British, IAG. A súa retribución é de 870.000 euros anuais, 625.000 en concepto de salario base, 136.000 deles do plan de pensións, ademais doutros ingresos suplementarios.
Pola súa banda, o presidente de Iberia, Antonio Vázquez, recibe unha retribución de 921.000 euros, da cal 871.000 euros forman parte do salario base e 50.000 euros doutros beneficios.

Ningún comentario: