xoves, 3 de xaneiro de 2013

GRAZAS

Despois deste pasado ano catastrófico para a sociedade española e boa parte da sociedade europea, e dun aínda peor que se aveciña, quixera dar as grazas máis sinceiras a todos eses colectivos e persoas individuais, que van dende o persoal sanitario aos educadores ou funcionarios, pasando tamén por eses colectivos e entidades que loitaron e loitarán este ano 2013, aínda a custa de arriscar unha parte de si mesmos, contra os desafiuzamentos e todo tipo de inxustizas, coa finalidade de intentar manter o escuálido estado de benestar que temos, non un estado de caridade ao que nos queren levar.
Así mesmo, e ante a mediocridade ou miopía (interesada ou non) da nosa clase política e económica, e mesmo dos nosos intelectuais que calan de forma clamorosa diante destas políticas nefastas que tenden a anularnos como sociedade moderna, o meu máis sinceiro recoñecemento a todos os articulistas que, dende todos os diarios independentes, nos ofrecen cada día a posibilidade de ter unha perspectiva bastante aproximada da crua realidade que nos rodea. Bo exemplo diso é o estupendo artigo publicado o xoves pasado no PAIS, do catedrático de Socioloxía Enrique Gil Calvo, artigo que encontro dunha clarividencia extraordinaria ao abordar as posibles orixes da crise sistémica ou cambio de ciclo que estamos a atravesar.

Ningún comentario: