domingo, 10 de febreiro de 2013

A QUE SE DEDICAN OS POLÍTICOS?

Cando aqueles que redactan a historia da nosa nación mediten sobre os feitos que afectan ao país na súa integridade, poderán comprobar que os seus dirixentes abandonaron as prioridades da xente e se dedicaron máis á xente importante que á xente que importa.
Cada minuto súmase un parado máis no noso país. Cada instante a nación afúndese no silencio e na tristura de miles de persoas que non encontran unha ocupación. Cada momento é un momento perdido para loitar a favor dos que menos teñen.
Segundo Intermón Oxfam hai 13 millóns de pobres en España, máis dunha cuarta parte da nosa poboación. Os desafiuzamentos xeran traxedias para os que os sofren e os españois non ven futuro, xa non para eles, senón nin sequera para os seus fillos.
Mentres tanto, os políticos se dedican  a discutir sobre o dereito a decidir dunha parte de España, a necesidade ou non dunha secesión, a corrupción dos seus dirixentes e o embigo de nós mesmos.
Campións de perder o tempo, España necesita dirixentes que busquen nas prioridades da xente a precedencia do que importa. Máis pendentes de si mesmos, de debates estériles ou de controversias inútiles, non se cren eles mesmos que a responsabilidade de liderar ao país é... súa.
Visto o nivel debe converterse en inminente devolver a democracia á xente. A liberdade non pode depender daqueles que reciben sobres, dos que miran para outro lado ou dos que espetan un " e ti máis" coa naturalidade do necio.
Necesitamos, digo, devolverlle á nación a súa capacidade de ser nación. O talento dos españois é o suficientemente grande como para saber que as súas prioridades son o emprego e a prosperidade.
A distancia que mide o punto no que se encontran as inútiles porfías e o lugar que ocupa a prioridade da xente, é tan grande, tan inmensa, tan colosal, que fan que aqueles que se dedican á política parezan marcianos recén chegados ao país da miseria e a desesperanza.
O día no que os historiadores escriban a historia de España, un día como hoxe, terán que saber que había, agora, cando miren atrás, duas Españas: a dos importantes e a dos que importan. A.C.

Ningún comentario: