luns, 4 de marzo de 2013

HAI MOTIVOS

Co descaro que lle é propia, o señor Montoro, que hai tempo tiña unha oficina para asesorar ás empresas contra Facenda e dende hai menos engade ao soldo un plus de vivenda por asistir ás sesións das Cortes, a pesar de ter dous ou tres pisos en Madrid, explicou que moitos dos seus compañeiros de escano non cumprían o seu deber cidadán á hora de enfrontarse á declaración da renda...
Pouco despois, e en declaracións a unha emisora de radio, o representante sindical dos inspectores de Facenda confirmaba que, efectivamente, moitos dos que se sentan nas bancadas do Pazo de la Carrera de San Jerónimo, fan trampas á hora de encher o citado documento...
Quen é? Quen dimitiu do seu cargo...?
Aquí, os señores que forman maioría no parlamento galego, viven rodeados da súa burbulla protexida pola policía ou na cafetaría que ten prezos de ganga e gozan de privilexios económicos que ofenden ao persoal, non queren nin oír falar de comisións de investigación para, por exemplo, que alguén explique como a lista que signó Alberto Núñez Feijóo, para formar a candidatura do Partido Popular ao concello compostelán, ten a cinco imputados....
A resposta de don Alberto é " e o teu máis, recordando os casos de Lugo e ufrense pero asubiando melodías polos que envolven o señor Crespo, un alto cargo do PP en tempos de Fraga e Palmou, ou os alegres rapaces da orquestra da costa dá morte...
Non é estraño que Beiras preferise fumar fóra un "pito", que intoxicarse dentro escoitando aos próceres que crearon a crispación, o desánimo e cabreo, dos cidadáns que, engaiolados tras os enreixados que protexe a policía, non lles queda máis remedio que o berro...
Mais lonxe, en Madrid, a ministra de Sanidade (que non sabe de quen son os coches que hai no seu garaxe) presume de rebaixar o gasto sanitario para manter "un servizo gratuíto, universal e de calidad... Minte: págase cos nosos impostos, co céntimo sanitario e o copagamento...
Deixa fóra a miles de persoas e as listas de espera, os recortes no gasto, falan por se soas das súas carencias. A ministra é, sen dúbida, altamente perigosa para a nosa saúde...
Hai, ou, non motivos para o cabreo, a crispación, o desánimo?

Ningún comentario: