domingo, 12 de maio de 2013

NON HAI ESPERANZA

Non se trata, tan só, de que nos arruinaron o presente tras dezaseis meses de goberno, como demostran todos os indicadores, senón que ademais non hai esperanza.
En dezaseis meses o Goberno subiu impostos que van dende o IBI ata o dos carburantes. O IRPF ou o copagamento sanitario.
E todo isto para que? O consumo cae, leva así trece meses, o paro sitúase en cifras inmorais e para o futuro (2015) anuncian xa un 25%. O poder adquisitivo entre os cidadáns redúcese entre un 11 e un 14% figurando Galicia, co País Vasco e Madrid, as comunidades máis afectadas.
Pero é que, ademais, aumenta a débeda e non se reduce o déficit.
E todo iso, manda carafio, ordénao un señor que di moi serio "que non lle gusta o que está facendo".
Imaxínanse a un tipo que lles di "a min, a paella non me gusta nada, pero, tranquilos, vóuvola ofrecer de prato único para os restos?
Ese mesmo señor é o que di que todo é por noso ben e a resposta que recibe unha e outra vez é o rexeitamento popular
Ten, de acordo, maioría política, pero perdeu os cidadáns. A masa social. Agora, ás ordes de Merkel, anúncianos máis do mesmo para os próximos anos: un novo recorte nos servizos, unhas contención nos salarios (o cidadán medio perdeu, durante o goberno Mariano, entre doce e catorce puntos) e o recorte das pensións e tres millóns de desempregados sen prestación. E unha nova tesoirada na administración pública. Quen é os funcionarios? Os policías que, na Coruña, o seu número diminúa de forma ostensible mentres aumenta a inseguridade.
Os médicos? Os mestres? Os servizos sociais? Este Goberno vende o que tanto custou adquirir. E é que quen coño pagou os hospitais? De onde saíu o diñeiro para os centros públicos de ensino? E así ata o noxo. Pois agora privatízanos e entregan os beneficios aos seus empresarios favoritos que devolven en donativos os favores.
Barcelona ano 2017. Europa négalle a España a contribución para un terceiro rescate. O paro bate todas as marcas. Os nosos mellores profesionais marchan a Alemaña pois "isto é unha merda". Algúns quedan para que alguén varra toda esa merda. Trátase da película "Onte non remata nunca".
Non hai esperanza.

Ningún comentario: