venres, 28 de xuño de 2013

OS PANOS QUENTES NON CURAN

A pesar de que o Sr. Rajoy diga que o pesimismo está en retirada, eu non vexo nin sento outra cousa ao meu arredor. Mesmo fago de avogada do demo para provocar unha reacción alentadora e, nada, nin por esas.
Isto dáme que pensar. O o Sr. Rajoy estanos a vender unha moto ou a inmensa dos cidadáns somos uns pesimistas consumados e merecemos o que temos. E non, non é esta a lectura obxectiva do estado da situación.
Bruxelas prémenos máis alá do que admite o Goberno. Rajoy botará man, non tardando moito, do seu discurso victimista do "eu non quería, pero tíveno que facer polo ben de España".
Esta frase é unha ferida infectada. Cando a septicemia fai estragos nun corpo, bótase man de todo os ungüentos e de todos os consellos. Poden facer ben ou rematar co enfermo.
Cando esta frase se aplica nun estado de dereito significa que as marxes da democracia se esvaecen, pérdese o contorno do que un político pode e o que non debe facer. A democracia é gobernar por e para todos dentro dos límites dunha legalidade dada. No noso caso, a Constitución de 1978 (polo menos, ata antes da última reforma do artigo 35, en tempos de Rodríguez Zapatero).
O PP fai caso omiso.
A soberanía popular préstache temporalmente a súa representación en tanto en conto o representante investido cíngase ao programa co que se presentou ás eleccións, que pasa cando os incumprimentos son absolutos? Pois que a vontade popular é manipulado, está a ser utilizada contra natura.
As políticas de desgaste social e de penuria económica para a clase media e baixa son contrarias á norma básica, tanto na forma como no fondo. O decreto-lei non debe ser o instrumento habitual lexislativo. O PP está a menosprezar o Parlamento.
¿E? Nada. Un triste exemplo estánnolo a dar os partidos políticos. O principal partido da oposición prestouse a asinar un plan no que nin participou, simplemente adheriuse para gañar puntos. O problema é que eu non teño nada claro que non supoña a súa auto-destrución.
O Sr. Rubalcaba non pode aparecer pletórico, igual que o Sr. Rajoy, sacando peito dun plan que non está planificado nin consensuado. Eu sentiría pudor de ir a Bruxelas con semellante equipaxe. Non fortalece a España. Evidencia a debilidade política e a falta de consistencia e compromiso de estado.
Este plan naceu viciado, con falta de transparencia e de traballo cos demais partidos políticos. O malo é que nin se intentou, presentóuselles aos grupos parlamentario como un "deixa fait". Isto foi suficiente para que poñan o grito no ceo entre outras cousas porque tamén queren afianzarse de cara ás próximas convocatorias ás urnas.
E así, seguimos andando con voltas. Sen poñer nome e couto aos corruptos, sen pedir responsabilidades políticas e xudiciais polo dano económico e social producido pola mala xestión e a irresponsabilidade (parece que a inmunidade non só se atribúe ao Xefe do Estado), a prepotencia e o desexo irrefreable de perpetuarse na poltrona.
Síntoo, pero todo isto me avergüenza e dáme moi mala espiña.  Eugenia Bolaños

Ningún comentario: