martes, 18 de xuño de 2013

PRIMATES

Nada máis ler esta mañá no papel que uns científicos de Oxford acharon en primates o elo cerebral previo á nosa capacidade para detectar o que pensan os demais recordei a foto que encabeza a Zaplana, Aznar, Soria e Botella aparentemente felices.
Non sabemos quen foi o fotógrafo, pero a foto é boa. A min paréceme que non é a foto dunha realidade, senón dunha falla valenciana. Para non me estender explicareime sobre un deles, Zaplana, exalcalde de Benidord, ex da Generalitat, do ministerio de Trabajo, do Voceiro do Goberno. Ben. Todos temos na cara corenta músculos, e nunha risa espontánea actívanse todos.
A especie humana desenvolveu en 200.000 anos grande habilidade en observar e penetrar a cara do semellante que ten en fronte e ten descuberto que con mover sete músculos a cara sorrí, pero como os outros trinta e tres músculos se quedan quietos o mono listo que somos deduce que o sorriso é máis falso que as bágoas de glicerina, que tamén as detecta.
Non se cantos anos fai que Zaplana ten a mesma cara (diga o que diga sempre dio co mesmo xesto), eu coñézoo dende o día en quer foi nomeado voceiro do goberno de Aznar e díxolles aos xornalista "eu vin a non lles mentir a vostedes, eh," confirmando esa lei xeral da socioloxía, tan verdadeira como a da Gravitación Universal, que di: excusatio non petita, accusatio manifesta, e xa entón tiña esa cara, ou sexa que leva así unha ducia de anos polo menos.
Zaplana non move ao rir nin corenta nin sete nin un só músculo, o seu non é un sorriso senón o xesto dun sorriso que vén a dicir "xa sei que minto, jiji, pero non o podo evitar". Zaplana xa non pertence á especie humana, fosilizouse, é un ninot de escaiola, como moito. A foto salientada debería ter un pé que dixese: "Eduardo Zaplana, presidente do club Século XXI a.C".

Ningún comentario: