
-Os impactos do quentamento xa nótanse en todo o mundo, alerta o último informe da ONU
-Crecerán neste século se non se adoptan medidas
Os impactos do quentamento global xa son visibles en todos os continentes e en todos os océanos, alerta o último informe do Panel Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), que debuxa un panorama futuro moi lúgubre se os líderes mundiais non actúan a tempo. De non adoptar medidas, o texto prevé que durante este século aumente o desprazamento de poboacións, sobre todo en zonas litorais que se verán afectadas pola suba do nivel do mar, as inundacións e a erosión das costas. O informe tamén alerta sobre o descenso das colleitas, a extinción de especies e a degradación dos ecosistemas. E apunta mesmo ao risco de que se produzan conflitos violentos ou guerras civís...
Ningún comentario:
Publicar un comentario