Luca
Prodan afirmaba que cando din que o poder corrompe, hai que ver
sempre quen é o que chega ao poder, a ter poder. Quizais non é que
o corrompeu o poder, senón que sempre estivo corrompido. É o mesmo
siloxismo que o do enterrador shakesperiano requirido por Hamlet para
que lle aclare o tempo que tarda un cadáver en corromperse e que
antepón a consideración de que non estivese putrefacto antes de
morrer.
Porque máis grave que o sistema estea corrompido é que a corrupción sexa o sistema. Cando o propósito da acción política é desautorizar e demoler o Estado en favor do poder intimidatorio do diñeiro, existe un ostracismo permanente da centraliade cívica e ética na vida pública.
Dicía Ortega e Gasset que peor que estar enfermos é ser a enfermidade e a corrupción se converteu no sistema evitando calquera límite refundando o Estado de tal maneira que poida consolidarse a transferencia da riqueza pública á órbita privada e abolir o control democrático sobre os poderes fácticos que actúan autoritariamente na articulación do modelo social. Como en todas as guerras, os perdedores sempre son os culpables, neste caso os pensionistas, os funcionarios, os parados, os inmigrantes, criminalizar perversamente por aqueles cuxa avaricia causou a crise e que agora se benefician tamén dela.

O
ortopédico modelo herdado da Transición consolida que os poderes
non suxeitos ao control democrático sexan tan influentes que resulte
case imposible realizar unha política afín ás maiorías sociais se
esta política non se compadece cos intereses dos poderes fácticos
económicos, sociolóxicos e financeiros. Cando o interese xeral
desaparece do horizonte do sistema a corrupción convértese nas
únicas regras do xogo. A metástase da crise financeira ao ámbito
público débese a que a peculiaridade máis importante do sistema
económico español é unha forma de produción que esixe a
concorrencia da violencia institucional suxeita á falsa narrativa
das elites económicas e financeiras que dan carácter de eficiencia
á imposición de medidas de nesgo ideolóxico. É por iso que todas
as reformas estruturais sobre o tecido produtivo se incardinasen
nunha soa dirección: a salvagarda dos intereses plutocráticos a
custa do empobrecemento da poboación, o debilitamento dos
instrumentos de defensa de traballadores e empregados, a xeración
dun abundante exército de reserva como son os parados para manter os
salarios ao bordo do nivel de subsistencia, o desmantelamento do
sector publico para converter en negocio oligopólico os servizos
sociais, a consolidación dunha fiscalidade regresiva, a constrición
dos dereitos cívicos e as liberdades públicas ao obxecto de
silenciar o malestar das maiorías sociais e a implantación dun
Estado mínimo e unha democracia limitada que non poida contradicir o
imperio do poder económico.
Pero
tamén propicia a corrupción do sistema posto que o poder económico
no seu afán por exterminar a política e converter os partidos en
entes de xestión produce, en moitos casos, que a coherencia sexa
simplemente mercantilista a través dun pragmatismo sen paliativos.
Por iso, faise necesario e urxente unhas auténticas reformas
estruturais que repoñan o valor ético da política e a supremacía
dos poderes democráticos ante os intereses de minorías alleas ao
escrutinio da cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario