Rajoy
fala de melloras que non ven os demais, será que os seus lentes
emiten estrañas radiacións telúricas porque a economía española
está nun estado, xa non ruinoso, senón catatónico.
Remataba unha das miñas últimas columnas cunha cita contundente de Simón Bolívar, "Máis que coa forza nos domina co engano". E non teño máis remedio que empezar esta coa mesma sentenza, aínda que sexa caer na redundancia; porque é unha sentenza contundente que xa a principios do século XIX describía, con claridade meridiana, os enredos que empregou, e segue empregando, boa parte do que chamamos "poder" á hora de coartar a información e a liberdade da xente.
En
pleno século XXI,
cando supostamente a información está ao alcance de todos,
séguennos enganando. Quizais as técnicas cambiasen, pero o engano
segue sendo, ou pretendendo ser, o mesmo. Porque, non nos esquezamos,
un sector amplo da sociedade segue facendo boa aquela cita célebre
de León de Gandarías: "é moito máis doado crer en
supersticións e parvadas que tomarse o esforzo de buscar a verdade".
E a moitos débelles de custar un esforzo enorme, inmenso; tanto como
para preferir evadirse tragando as interminables horas de Sálvame de
Luxe, mentres se están a anular os seus dereitos, e mentres o futuro
do seu país, dos seus fillos e o seu propio están en xaque.
Vexamos
datos concretos da economía española, que son aos que me quero
referir. O pasado luns o Presidente do actual goberno, Mariano Rajoy,
afirmaba con contundencia no discurso que inauguraba o novo curso
político, que a economía española vai mellor, que non se trata de
"brotes verdes", senón de "raíces vigorosas",
metáfora coa que aludía, á vista está, ao que el ve como unha
mellora máis que apreciable na economía española. Mellora que ve
el, pero que non ven os demais, será que os seus lentes emiten
estrañas radiacións telúricas, porque a economía española está
nun estado, xa non ruinoso, senón catatónico.
Só algúns datos reais ao respecto desdín absolutamente o repentino optimismo de Rajoy e dos membros do seu goberno, os cales parecen terse posto eses absurdos lentes, ademais de cor rosa. Os datos que acaba de publicar o INE referentes ao comercio polo miúdo, que é o que afecta a maior número de españois, indican que está polos chans, e descendendo continuamente, tanto en vendas, coma en prezos, coma en postos de traballo.

A
débeda pública elevouse en xuño pasado, por primeira vez na
historia en España, por enriba do billón de euros; en concreto
1.007.319 millóns de euros, segundo os datos actualizados polo Banco
de España hai escasamente dúas semanas. É dicir, a débeda pública
española case se triplicou dende a chegada de Mariano Rajoy ao
poder, pasando de supoñer un 36,6 por cento do PIB (Produto Interior
Bruto) en 2007, a chegar practicamente ao 100% na actualidade. Imos,
como para poñerse a bailar mentres a un se lle bota por un
precipicio.
Por outra parte, existen nestes momentos case un millón de parados máis que cando a dereita chegou ao poder, por máis que ultimamente nos están a bombardear co falso e ladino discurso de que o paro empeza a descender. Descendeu minimamente en xuño e xullo, por lóxica, cos contratos, a maioría contratos-lixo ou, como pouco, contratos temporais, correspondentes ao incremento do sector turístico e de servizos en verán. Xa en agosto, non obstante, o paro volveu aumentar e incrementouse en máis de 8.000 persoas sen traballo. A realidade é que, dende que nos goberna o Partido Popular, hai case un millón máis de españois sen actividade laboral; loxicamente, por suposto, porque foi o mesmo goberno o que se encargou con dilixencia de despedir a moitos miles de empregados públicos e a asfixiar ata o límite á mediana e pequena empresa. E parece que os seus rezos continuados a virxes e santos non lles deron ningún resultado.

Dous
millóns dos actuais españois parados, para máis inri, non volverán
xamais a encontrar emprego. Sentenciábao con convicción, hai poucos
días, non ningún primo de Rajoy, senón o investigador e
catedrático emérito de Economía Juan Ramón Cuadrado. Afirmaba
tamén Cadrado que é moi crítico cos radicais recortes do actual
goberno porque, segundo el (e segundo calquera con dous dedos de
fronte), estes recortes "poden acabar cunha descapitalización
do país que de lugar a unha maior incerteza económica no futuro".
É dicir, falando en prata, levámolo moi claro, non só agora, senón
no futuro mentres a dereita xestione, coma se dun xogo de monopoly se
tratase, a economía española.
Non
obstante, no discurso mencionado, Rajoy non se cortou un ápice cando
se atreveu a afirmar que "imos manter unha guerra sen cuartel
contra o paro". Coma se non soubese que moitos españois non
somos parvos de caparucho. Coma se non soubese que sabemos todos, ou
case todos, que el e o seu goberno destruíron emprego dende que
puxeron o pé en La Moncloa. Coma se non soubese que os españois, ou
moitos, polo menos, sabemos con certeza que nos menten máis que nos
falan. Que os seus discursos están preparados para manipularnos.
Aínda Que, claro, sempre quedan, e eles sábeno, os votantes que
basean a súa estabilidade existencial en que o seu equipo lidere a
Liga, ou eses outros que se pasan as horas mortas cultivándose cos
contos do Sálvame de Luxe.
Coral
Brava é Doutora en Filoloxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario