venres, 19 de xaneiro de 2007

22.049 SINATURAS






.
.
NOTA DE PRENSA
.
EXCMO. SR. D. EMILIO PÉREZ TOURIÑO, PRESIDENTE XUNTA DE GALICIA

22.049 sinaturas son máis que 22.049 votos

Moitos vigueses rexeitan o Plan Xeral de Ordenación Municipal porque non tivo participación. O 13 de Xaneiro de 2007, os colectivos e particulares que se opoñen a este planeamento urbanístico presentaron 22.049 sinaturas acompañando un escrito dirixido ao Presidente da Xunta de Galicia no Rexistro Xeral da sede da Xunta en Vigo.
Non foi unha petición anónima nin secreta: 22.049 persoas puxeron voluntariamente o seu nome, nº de DNI e sinatura nunha carta aberta, na que manifestan ao Presidente Emilio Pérez Touriño a súa disconformidade co PXOM de Vigo, infórmanlle das razóns e dereitos que lles asisten e pídenlle ao Sr. Presidente que denegue a súa aprobación definitiva. 22.049 sinaturas son máis que 22.049 votos.
O PXOM de Vigo elaborouse sen contar cunha participación efectiva dos cidadáns: polo tratamento do equipo redactor e o goberno municipal ás suxestións e alegacions presentadas, e polo rexeitamento do Pleno do Concello a someter o PXOM a referendo, incumpliendo o reglamento de participación cidadá.
A maioría das 61.067 alegacions presentadas foron parcial ou totalmente desoídas, ou non contestadas. O 46% foron desestimadas e o 40% estimáronse só en parte. Antes da aprobación provisional do PXOM introducíronse modificacións substanciais que non contaron coa preceptiva exposición e participación pública.
Entregáronse 21.065 sinaturas ao Concello para solicitar un referendo sobre o PXOM de Vigo. O Pleno do Concello de Vigo rexeitou someter o PXOM a consulta popular cos votos do PP, a abstención do BNG e o PG, e os votos favorables do PSOE, aínda que a petición reunía todos os requisitos legais.
Estes feitos incontestables prevalecen sobre outras consideracións técnicas e demostran a violación dun principio fundamental de sostenibilidade: ter en conta a opinión dos cidadáns na elaboración dun Plan Xeral. Por iso, na exposición de motivos da Lei de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) esíxese garantir a transparencia e a participación; o seu artigo 12 indica que na Memoria Ambiental (MA)" evaluarase o resultado das consultas realizadas e como se tomaron en consideración". O PXOM de Vigo carece de MA e AAE.
A actuación do Consistorio evidencia: (1) unha PASIVIDADE NEGLIXENTE manifesta na tramitación do PXOM; (2) a VULNERACIÓN DOS DEREITOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, marcados no propio regulamento, e (3) a ausencia de LEXITIMIDADE DEMOCRÁTICA que se atribúe, pola súa propia natureza, aos plans de ordenación

VIGO, 19 XANEIRO 2007

ASDO. DOMINGO RESÚA MARTÍNEZ

Ningún comentario: