luns, 1 de outubro de 2007

TIÑA RAZÓN ALTERNATIVA VECIÑAL


Os convenios de Guixar, parque tecnolóxico, Matáma, A Rolda e outros, sen validez
.
A concelleira de Urbanismo confirmou que na actualidade non hai ningún convenio en vigor con Zona Franca, xa que os asinados no seu día sobre Guixar, parque tecnolóxico e parque de Matamá non teñen validez ao subscribirse antes da aprobación inicial e, ademais, ter alegacións. Xa que logo non son máis que unha declaración de intencións ou unha forma de planificar posibles acordos.
No entanto, para tranquilizar aos veciños de Teis, Carmela Silva explicou que na actualidade manteñen reunións con Zona Franca co obxectivo de rectificar esa situación e de intentar dar unha validez aos citados convenios para que formen parte da documentación do Plan Xeral.
Sobre a Finca do Conde, a responsable municipal de Urbanismo reclamou ao PP que, en lugar de seguir xustificándose, asuma a responsabilidade dunha decisión que non debeu tomar, ao conceder a licenza a pesar de existir informes contrarios dos técnicos.

A Alternativa Veciñal, véñenlle dando a razón, ao denunciar diariamente que o PXOM de Vigo, é ilegal.

O ditame xurídico encargado por Alternativa Veciñal e elaborado por tecnicos cualificados no mes de maio do 2006, decíao moi claro, ilegal, ilegal,ilegal.

Todo o contrario, estaban e están coa ilegalidade: PP, o BNG o PG, Consultora Galega, Aproin, Cámara de Comercio, Empresarios, Sindicatos, Federación de Veciños, Consello Económico e Social e outros, querian o mellor para Vigo...

Ningún comentario: