
A planta de cogeneración creouse en 1996, cando a corporación local que entón presidía Jesús Alonso concedeu licenza á empresa do mesmo Jesús Alonso e declarou a súa utilidade pública e interese xeral. Antes sometera o terreo "a protección paisaxística". O acordo da licenza foi anulado en sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en 2001. A frigorífica construiuse en 1998 con licenza concedida pola mesma corporación. Foi anulada en 2002 en sentenza firme do TSXG.
Jesús Alonso deixou en xuño de 2003 a alcaldía que agora ocupa o nacionalista Xosé Deira, pero as plantas seguen sen adaptarse á legalidade, a pesar de que o Tribunal Supremo rexeitou, sen apelación, o recurso que solicitaba a anulación da execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza Galicia contra a frigorífica, que podería supor a súa demolición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario