martes, 24 de abril de 2012

RAJOY EO PP ACABAN CO SISTEMA

Fixérono. Unha vez máis Rajoy e o PP mentiron. Dixeron por activa e por pasiva que nunca tocarían a sanidade e a educación, pero non era verdade. Rajoy acaba de darlle a acta de defunción á sanidade gratuita e pronto tamén a educación gratuita. E anuncia que xa ten preparado o calendario das novas reformas, enténdase recortes, que se aplicarán de aquí ao verán.
De nada vale que digamos que xa o advertimos. Que as promesas de Rajoy na campaña eran polvo no vento e que xogaba coa triste vantaxe do medo colectivo. Quedara en evidencia nos debates electorais que o PP dicía unha cousa, non subiría impostos, non tocaría sanidade, educación e pensións, e que tiña un programa agochado de ataque ao de todos, ao público. E así foi. Repasemos: dende que chegaron unicamente aplicaron recortes, subas de impostos, perda de dereitos laborais e tocaron todo o intocable. Incluido o ataque as rendas dos pensionistas que pasan a pagar entre o 10 e o 20% do prezo dos medicamentos, eso sí, fan unha amnistía fiscal para os que sí teñen e non pagan.
Di un veciño meu que así calquera arregla o país: fan un presuposto que xa se modificou antes de entrar en vigor; cóbranlle a todo cristiano por todo e páganlle menos, e pintan todo moi moi negro para xenerar máis medo, pero a culpa botanlla ao anterior… así calquera goberna, e caladiños todos, non vaia ser que non sexas patriota... Fixérono de novo. Estafados e timados novamente. O Partido Popular acaba co sistema. Que a sociedade tome boa nota.

Ningún comentario: