xoves, 28 de marzo de 2013

MENTINDO

Como nalgunhas das parábolas do Evanxeo, a mentira é cuestión de porcentaxes. Refírome ás mentiras dos políticos. Sabemos que todos menten, porque a mentira é o caldo de cultivo da política: se non mentisen os políticos, que poucos votos obterían!
Pero volvo ás porcentaxes: pódese mentir un 5%, ou, ben, ata un 10%, poñamos. Pero tanto tanto... O do Evanxeo vai porque Xesús, cando fala de colleitas ou de intereses obtidos co bo negocio, sempre, como bo xudeu, supón diversas alternativas como resultado da acción económica: terras que dan o trinta, outras o sesenta, outras ata o cen por cento.
Pero é que AZNAR, ZAPATERO e RAJOY mentiron máis da conta. E ségueno facendo. E trátannos a todos como a estúpidos. E resulta que, non que os españois somos parvos, que sabemos que en todo este episodio dos papeis de BÁRCENAS, as contas saen, as contas son verdadeiras, corresponden a pagamentos en sobre e sen sobre, aos políticos, destes aos seus favorerecedores e volta a empezar.
Nunha rosca sen fin, que rebentou e que os deixou a todos co cu ao aire. Pero o poder é para iso: defenderse da verdade, defenderse da xustiza, seguir tapando e mentindo mentres se poida. Ata que o xuíz RUZ fale e fale forte, e diga o que ten que dicir sobre as trampas, marrullas e negociados do PP, dende o señor RAJOY ata o último dos untados do PP. Seguiremos esperando, "sen esperanza, con convencemento"

Ningún comentario: